Tres motores fueraborda que foran incautados no 2009 na operación
Tabaiba, na que foron detidas medio centenar de persoas pola súa
relación co narcotráfico, foron roubados esta madrugada en Cambados.
Os
motores foran almacenados nunha nave municipal do Concello de Cambados
no lugar da Pastora, preto d a escola de Infantil do mesmo nome. Esta noite entraron a roubar no recinto e, ademais
dos motores, levaron unha furgoneta do Concello e ferramentas.
A
operación Tabaiba foi a máis importante contra o narcotráfico arousán
nos últimos anos. Nesa operación caeu a banda do cambadés Manuel Abal, Patoco,
falecido antes nun accidente de tráfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.