Mañá sabado o equipo benxamín A do Cambados xógase a oportunidade de ser Campión de liga do seu grupo.
Un empate sería un bo resultado pero non faría matemáticamente campións os pupilos adestrados por Manuel Fariña "Fari". Contarían cunha aventaxe de 2 puntos sobre o seu rival de mañán e un so partido por disputar. Ese derradeiro partido é contra un rival da parte baixa da clasificación, polo tanto non sería un rival complicado e poderíase conseguir o título dentro de 8 dias.
Sen embargo unha victoria mañán daría o título a os cambadeses.
Coma sempre pasa nestas categorías non so aos rapaces lles fai ilusión ser campións, os pais tamén desexan que os nenos ganen ese merecido título.
Dende aquí desexámoslles moita sorte e pase o que pase xa sodes........
............. CAMPIONS

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.