Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2012

FALTAN DOUS DIAS PARA A GLORIA



Ratonera de Sabadell
Cinco puntos ten que remontar o Establecimientos Otero Xuventude no duelo de volta contra o Sant Nicolau Sabadell que lle pode dar praza para a próxima Liga LEB Prata. Yago Casal afirmaba que o resultado non lle gustaba pero que tampouco era malo. E a xuízo do que veu sucedendo durante toda a tempada razóns non lle faltan.

O cadro cambadés arrasou en todos os encontros que xogou esta tempada na súa pista.  Os resultados  máis axustados (78-72 ante o Universidade de Oviedo) e fronte ao Marín Peixegalego -en teoría un dos conxuntos máis fortes da competición-, que se resolveu por oito puntos, o certo é que todas as citas para os amarelos convertéronse en auténticas exhibicións de poderío ante rivais que terminaron sendo desbordados. Resultados que bastarían aos cambadeses para ascender.


Nas duas anteriores eliminatorias de ascenso o Xuven non variou a sua dinámica de vencer folgadamente. Primeiro o SAB Torrelavega e logo o Basquet Pla tiveron que sufrir a superioridade do cadro de Cambados nos seus encontros á calor da súa afección e acabaron perdendo pola diferenza máis habitual, entre vinte e trinta puntos.

Todos eses resultados, probablemente, axudaron ao cadro de Yago Casal a sentirse practicamente intocable cando xoga como local. Sábeno os amarelos e sábeno tamén os seus adversarios deste sábado. O Sabadell, ademais, non ten bos recordos do seu último desprazamento, cando estivo a piques de perder en Alcobendas a boa renda que levaba da súa pista.



É difícil predicir que o Xuven vaia repetir unha exhibición este sábado. Si é seguro, que un dos elementos que o acompañou esta tempada, o apoio da súa afección, será maior que nunca.
Segundo informacións de última hora o Concello axudará a poñer unha grada móbil no Pavillón do Pombal para aumentar a cantidade de siareiros que animará o conxunto amarelo neste derradeiro e importantísimo partido da tempada máis grande do clube de Cambados.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.