Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2012

MAIOS DE CAMBADOS





O III festival dos Maios que organizou o concello de Cambados no Salón de Congresos e Exposicións José Peña resultou un rotundo éxito debido ao bo facer das Asoc. invitadas ao evento composto por os grupos locais Os Carballeiras, Obradoiro Volandeira, Xironsa e  Con de Xido.


As notas de cor foron postas polos diferentes grupos de  nenos e nenas que realizaron un maio no mesmo recintoin e interpretaron diferentes cantigas populares, cantigas satíricas e de tradición.



A espectacularidade dos traxes e bailes de Con de Xido, os temas dos míticos Carballeiras  e os cantos de maios interpretados por Volandeira e Xironsa  fixeron que o publico   aplaudise cada unha das actuacións realizadas.
Con estas iniciativas o Concello de Cambados pretende dinamizar e recuperar as tradicións da nosa cultura popular galega. 
 





Por outra banda os nenos e nenas do colexio da Pastora tamén fixeron o seu maio.Tódlos rapaces e rapazas puxeron o seu gran de area, neste caso herbas típicas do maio para confeccionar o maio.

 











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.