Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de mayo de 2012

OFRENDA NA CALZADA ALGO DESCAFEINADA






Onte mércores celebrouse o acto de ofrenda no monumento a Ramón Cabanillas en Cambados.


Todas as vésperas do Dia das Letras Galegas faise no Paseo da Calzada de Cambados a ofrenda por parte de institutos e colexios do Concello de Cambados. Este ano en sinal de protesta polos recortes e outras ataques que está a sufrir o ensino público a afluencia de estudantes veuse reducida en gran número. Tan so presentaron mural dous dos oito centros de ensino de Cambados, San Tomé e o Ramón Cabanillas. O resto de centros nin enviou mural nin participou no posterior recital que se fai o remate do acto. Por este motivo a presenza de murais conmemorativos do dia, feitos polos estudantes veuse moi mermada. Para evitar que o número de muráis fosetan pequeño o concello fixo aumentalo número engadindo muráis feitos polos"usuarios" dos centros Culturais das parroquias. Isto é unha maneira burda de intentar silenciar as protestas dos mestres.


Esta mañán xa faltaba un ramo.


Coma case sempre que algo non gusta, dende o poder “pepero”, trátase de ocultar, silenciar e tapar. Pero a xente non é tonta e dase conta do que pasa realmente.



Dende o PP encargouselle a os traballadores repartidos polos Centros Culturais ou bibliotecas (caso da biblioteca da casa dos Fraga) que fixeran uns murais para evitar que no Paseo da Calzada tan só houbera dous murais en representación dos Centros educativos de Cambados.


Dende aquí decirlle o Alcalde que non paga a pena ocultar ou silenciar algo, ao final conséguese o efecto contrario, aumentar a repercusión de algo que non che conviña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.