A inauguración será o venres un de xuño á unha da tarde e como broche de ouro, o domingo, actuación da Orquestra Panorama.
A
edición XL da Festa do Viño Tinto do Salnés chega este ano con
novidades. A primeira na inauguración mesma. Por primeira vez as carpas
de degustación abrirán á unha da tarde e non contra a noitiña como viña
sendo habitual. Ademais, o venres día un, será festivo na localidade.
Total once colleiteiros ofrecerán os seus viños nos stands que albergará
a carpa de degustación. A súas elaboracións tiveron que pasar unha
selección previa, posto que este ano, o número de solicitudes
desbordouse.
Pero
volvemos ó programa. No venres inaugural a música será a protagonista,
cun concerto pop na carballeira de Barrantes dirixido ó público mozo.
Actuarán Los Pablos, Maryland e Sugar Mountain. Pero para aqueles ós que
non lles vaia este tipo de música, ó remate da actuación tomará o
relevo a Orquestra Poceiro, na rúa principal.
O sábado, día grande da
Festa, terá lugar a cata final dos viños que se presentaron ó concurso.
Este ano foron trescentos, que se foron cribando xa nas catas previas
que se realizaron ó longo deste mes. Tamén se investirá ós seis novos
membros da Honorable Orde do Tinto e, como novidade, ó Embaixador da
Festa: Floreano, personaxe creada polo ilustrador meco Gogue.
A
continuación terá lugar a comida oficial na que se entregarán os
premios dos concursos de viño e do de camisetas. A tarde estará dedicada
ós cativos, cunha festa infantil na praza do concello.
O
domingo haberá que levantarse cedo para practicar ciclismo participando
na primeira Ruta BTTinto, pola tarde entregaranse os premios do
primeiro Concurso Escolar de Cómic da Festa do Tinto e, como fin de
festa, concerto da Orquestra Panorama na Carballeira de Barrantes.
PROGRAMA DA FESTA.... AQUI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.