Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de mayo de 2012

PP DE MEIS MUDA A SUA SEDE

DESPOIS DAS PETICIONS DOS VECIÑOS


 A sede do Partido Popular de Meis trasládase tras o atentado errado do luns pasado. Os conservadores xa retiraron os dous carteis –un plano e outro de colgar– e nos próximos días quitarán por completo todo o mobiliario do baixo, no que os conservadores de Meis tiñan a súa sede desde hai unha década en réxime de aluguer.


O alcalde e presidente local do PP, José Luís Pérez, aceptou finalmente a petición dos donos do edificio onde se situaba a sede, que están moi nerviosos tras a aparición do artefacto explosivo e non queren que isto volva suceder. Iso si, Pérez quere deixar claro que este traslado non implica que os violentos se saísen coa súa, posto que o PP abrirá proximamente un novo local.




 A familia propietaria do inmoble volveu falar onte pola mañá co alcalde e presidente do partido en Meis. A súa solicitude non era o froito dos nervios do día nin unha decisión tomada en quente. Dous días despois do atentado errado, os donos pediron outra vez a Pérez que cambie a sede do partido, e este aceptou.
O local do PP estaba ata onte nos arredores do centro urbano de Mosteiro, case enfronte do campo de fútbol. Nas súas proximidades hai numerosas vivendas –desde casas unifamiliares a edificios de pisos– e negocios, como a consulta dun dentista, un almacén de cosmética, un supermercado, un estanco, un bar ou un concesionario de automóbiles.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.