Ata 150 anestesistas de toda Galicia participarán o sábado 26 na reunión anual da Sociedade Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Dor.
A xuntanza farase no auditorio da Xuventude, en Cambados, e nesta ocasión, os profesionais debaterán sobre a dor no parto. A organización corre, nesta ocasión a cargo do Servizo de Anestesia do Hospital do Salnés, dirixido polo doutor Alfonso Diz.
| Alfonso Diz Villar |
Nesta xuntanza, os profesionais do Hospital do Salnés exporán a súa guía clínica do parto, que vén sendo un protocolo de actuación no que interviron xinecólogos, matronas e anestesistas. Tamén da analxesia epidural a baixas doses, da inxesta oral durante o parto e da asistencia pediátrica ó recén nacido. Nesta ocasión tamén contarán como convidada a unha anestesista do hospital 12 de Octubre de Madrid, que falará da presencia do pai na cesárea.
Esta é a primeira vez que Cambados acolle este congreso. O alcalde destacou que para o tempo de ocio, os anestesistas participarán nunha visita guiada a unha adega e a unha cata de viño. Luís Aragunde defendeu este tipo de eventos como un bo escaparate para promover Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.