Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2012

VARAPAU PARA R. QUINTANA E O SEU GRUPO


REPRODUCIMOS NA SUA INTEGRIDADE O ARTIGO DE  XORNAL DE GALICIA PARA QUE   NON SE PERDA NADA DO EXPOÑEN

Maneiro, Quintana e Benito Gonzalez.


O TSXG ven de confirmar as irregularidades nas que infrinxiu Rosa Quintana ao dar por legales as eleccións das Confraría de Pontevedra, denunciadas e cheas de chanchuyos do que afirma a titulñar do Mar nos seus comunicados de prensa como "O SECTOR", o que ven a demostrar que tipo de sector usa a titular do Mar para xestionar o Mar.




As eleccións á Federación de Confrarías de Pontevedra deberán repetirse por fraude consentido polo equipo de Rosa Quintana que fixo caso omiso as denuncias como xa é habitual.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar o recurso de apelación presentado polo gabinete xurídico da Consellería do Mar, ahora "Medio Rual e Mar" e entende que nas eleccións celebradas en xullo de 2009 houbo irregularidades que foran denunciadas ante Rosa Quintana, das que fixo caso omiso, como xa ven sendo habitual na súa consellería con todo o que non comulga con seus ideales políticos ainda que sexa ilegal, tos iso xustifican a anulación daquel proceso e unha nova convocatoria electoral, que apostamos pola apatía de Rosa Quintana e Vidal Pardo da que van dar largas, dado o pouco temo que lles queda na Consellería, según as estadísticas existentes neste momento, onde a ciudadanía rechaza en mais dun 80% os actuales cargos ao fronte do Mar.



Deste xeito confirma a sentenza de primeira instancia do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, que en maio de 2011 deu a razón ao patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas, que foi quen levou este asunto aos xulgados, despois de que a mesma Consellería do Mar, non lle fixera ningún caso as denuncias de irregularidades.


Onte declinou realizar manifestacións respecto diso porque asegurou que acababa de recibir a notificación da sentenza e non a coñecía.

O patrón maior budetense recorreu á Xustiza despois de perder as eleccións ante o seu homólogo de Portonovo, José Antonio Gómez, aínda que o resultado final fora un empate a 19 votos, e que as mañas deo equipo de Rosa Quintana fixo declinar a balanza a favor do seu chamado "SECTOR".

Se levou o caso aos tribunais porque se entendía que existían vicios de nulidade no proceso electoral, como a inclusión irregular de electores no censo ou a contabilización de votos que deberían ser considerados nulos, todo chanchuyos para arrincar de forma ilegal o cargo de Patrón Maior da Federación de Pontevedra, para conseguir Benito González a Federación Galega a reo das ilegalidades.


Pero as ilegalidades siguen a suceder en cadea nas federacións galegas, Benito González se enfrenta a varios procesos xudiciais por presunta prevaricación e malversación de fondos públicos, como xa estivera o anterios Presidente da Federación, Evaristo Lareo Viñas (actualmente en situación irregular ao fronte da Confraría de Caión e do Grupo de Acción costeira 3, por acollerse as subvencións para desguace do seu barco Estrella Verde, e denunciado ante Rosa Quintana que da a calada por resposta, confabulandose con este personaxe) ) que xunto a outros persoeiros fixeron desaparecer mais de 80 millóns de euros destinados aos voluntarios do Prestige, a través dunha Fundación declarada polo PP na Xunta, de interés público, OCEANO VIVO, onde estan todos os do equipo e o SECTOR de Rosa Quintana.

Rajoy no Moropa


Benito González, presuntamente o autor dunha reunión no barco Moropa, do Grupo Os Caneos, onde se colleu ao actual Presidente do Goberno de España, Rajoy, foi premiado polas súas irregulares actividades por Rosa Quintana, co cargo de membro do Consello de Administración do Porto de Vilagarcía, para que tivera uns ingrasos estras a costas don contribuintes.

Pero o equipo de Rosa Quintana, non soamente, premia a Benito González co cargo na autoridade portuaria de Vilagracia, o actual Secretario Xeral de Mar, Juan Maneiro, firmou un pago de 380 000 euros por un barco para a Confraría de Tragove, de Cambados onde e Patrón Maior Benito Gonzélez, e que a mesma no mercado non custa mais de 80.000 euros según os propios papeles presentados no expediente, de todo o cual investigan os xulgados e da Fiscalía Europea, xa que eran fondos europeos.


O TSXG estima os argumentos esgrimidos polo patrón maior de Bueu e considera así no seu fallo que entende que "nada do exposto impide chegar á solución final anulatoria".



O censo electoral para participar nas eleccións da federación inclúe aos patróns e vicepatrones maiores das 21 confrarías de Pontevedra, do que un resultado diferente podría cambiar radicalmente a presidencia galega.

As eleccións as confrarías de Galicia están fora de plazo, pero Rosa Quintana négase a esixir a celebración a sabiendas de que vai perder o control das mesmas e tería que poñer fin nos seus comunicados ao coñecido ( SECTOR ), cambiando por (EN CONTRA DO SECTOR), pero tamén debido a pouca permanencia que lle queda ao fronte da conselllería.


Evaristo Lareo Viñas 


A denuncia de inclusión indebida afectaba o patrón maior de Raxó, Ramón Portela; ao patrón maior e vicepatrona maior de Vilaxoán, Manuel Tarrío e Carmen Paulos; ao vicepatrón maior primeiro de Sanxenxo, Iván Peón; e ao vicepatrón maior primeiro de Vilanova, Juan Manuel Leiro Cores.

O TSXG considera probada a "indebida inclusión" de Ramón Portela posto que estaba en situación de incapacidade permanente, unha circunstancia que en si mesma lle inhabilita para o seu cargo.

O responsable do depósito de Raxó finalmente decidiu non participar nas votacións, unha decisión que o tribunal constata que "respectou".
Aínda así, o TSXG aquí dá un renglón claro e conciso, de que se cometeron as ilegalidades con conciencia e co ánimo de cometelas, xa que había constancia por escrito do denunciante das mesmas.


Máis información   http://www.pladesemapesga.com/index.php?name=News&file=article&sid=31633












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.