Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2012

TOMAS FOLE , OU COMO VOLTAR AO PASADO





A nova ordenanza de circulación que  a alcaldía de Vilagarcía quere impoñer a os seus veciños ven de levantar un tremendo "revuelo" na cidadanía. Nas redes sociais é un tema candente e nas ruas non se fala de outra cousa.



Correr, saltar ou circular de forma que moleste ós demais usuarios quedará prohibido en Vilagarcía se se aproba a ordenanza de circulación que o gabinete dirixido por Tomás Fole levará a pleno a vindeira semana.


Segundo esta ordenanza aquelas persoas que corran polas beirarrúas poderían ser multadas. Pero tamén aquelas que permanezan paradas, neste caso se o fan en grupo e obstaculizan con el o tránsito. As primeiras reaccións non se fixeron agardar, hai opinións para tódolos gustos.



Así mesmo, andar en patíns, monopatín ou similares queda relegado unicamente ás zonas habilitadas para elo. Castigando a aqueles que o fagan en prazas ou zonas peonís, exceptuando neste caso ós menores de oito anos. Para as zonas peonís a proposta do partido popular inclúe tamén a creación dunha tarxeta de residente, cuxas características se matizarán tamén no pleno.
Outras actividades coas que tamén quere acabar esta ordenanza son as que levan a cabo os aparcacoches, os chamados gorrillas. Ó igual que as dos limpa parabrisas ou as de aqueles que se dedican a venta ambulante aproveitando semáforos ou sinais. Para moitos veciños, o principal problema neste caso, é como poñerlle solución, e qué facer con eles.


Poñer publicidade nos coches ou colocala na vía pública, tirar cabichas ou calquera outro obxecto á rúa ou agardar ó autobús fora do refuxio ou da beirarrúa son prácticas que tamén prohibe esta ordenanza.

Neste momento foi xa presentada ó resto dos grupos políticos e a vindeira semana será debatida en pleno. O partido socialista non fixo agardar a súa resposta e calificou a iniciativa de absurda.


Ademais, segundo a voceira socialista, Tania García na situación na que nos atopamos resulta incrible que o goberno local só presente esta ordenanza en todo un mes de taballo, o que, segundo ela, pon de manifesto a pobre xestión municipal do grupo popular.






Queixémonos do Concello (https://www.facebook.com/groups/queixemonos/) é unha das páxinas máis activas de Vilagarcía e nela as opinións maioritarias son en contra de parte dos puntos desta ordenanza. A maioría critican o non poder estar na rúa falando con amigos ou compañeiros algo que segundo eses comentarios recórdalle a tempos que parecían esquecidos.


Agardaremos a que se celebre o pleno e algunha das medidas menos populares entre os vilagarcianos non se leve a cabo.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.