Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2012

RAJOY RECUA E SI SUBIRA O IVE



Se alguén quere saber que vai facer mañán o governo de Rajoy que busque o programa electoral do PP e si o encontra que o lea do revés. Así e como están actuando. En campaña decían arre!!.... e agora din sooo!!!



O ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, anunciou hoxe que en 2013 subirán o IVE e os impostos especiais co obxectivo de recadar 8.000 millóns de euros adicionais.


O ministro non especificou que parte deses 8.000 millóns serán recadados a través do IVE nin canto subirá este imposto en termos relativos, e só dixo que o incremento "quedará consignado" nos Orzamentos Xerais do Estado do ano próximo.



Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, De Guindos asegurou que o ano que vén será o momento de aumentar a presión fiscal sobre o consumo, unha vez que a economía comece a crecer de novo.

Aínda que ata agora o Goberno negouse a tocar o IVE, hoxe o ministro dixo que é necesario que no momento da recuperación se vaia axustando a presión fiscal sobre os diferentes factores económicos, "reducindo a imposición sobre o traballo e aumentándoa sobre o consumo".


Engadiu que desta forma séguese a estratexia recomendada pola Unión Europea (UE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI), que suxeriron nalgunhas ocasións que en España tiña marxe para subir o IVE.















Asi, como vemos na foto, nos están facendo a os cidadáns deste país.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.