Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2012

MAIS PERMEX PARA CAMBADOS





 Confrarías das Rías Baixas como as da Illa, Vilanova, Cambados ou Vilaxoán intensifican estes días as súas labores de rexeración.



E é que nos seus plans de explotación marisqueira contempla a posta en valor e tarefas de optimización dos seus bancos. No caso da Illa apostase pola rexeneración das zonas do Naval, Avilleira e a Ruda, no ámbito do marisqueo a pé; e nas autorizacións das Aceñas e da Sapeira e RIasón para a agrupación de a flote, que, neste caso, se fará efectiva ó remate da primavera. Vilaxoán intensificará os seus traballos de posta en valor das Saíñas e dos Borreiros, namentres Vilanova fai fincapé na área do Castelete, e na Praia Nova, xa contra finais do verán.


No caso de Cambados, estas tarefas de rexeración prolónganse ó longo de todo o ano, gracias en gran parte, a dinámica de traballo actual das mariscadoras e mariscadores, que tan bós resultados lles está a dar. Amais, hai que engadir que esta confraría conta cunha batea de engorde da cría dos bivalvos de seu, o que facilita que compren a semente máis barata que logo farán medrar nesta estructura, antes de sementar as súas concesións. O que facilita que as labores de rexeneración se poidan facer extensivas ó longo de todo o exercicio.


Estes traballos son acometidos principalmente con fondos propios das Confrarías, aínda que tamén contan con achegas anuais da Deputación de Pontevedra, e puntuais da Consellería do Mar. Este ano non coñecen aínda o alcance destas axudas. Con todo seguirán a traballar para aumentar a rendibilidade do marisqueo, para compensar a nula subida dos prezos cunha maior productividade das zonas. Unha maior producción que en Cambados vai a facer posible a incorporación de 90 novos mariscadores, grazas a concesión arestora de 25 novos permex, que se ampliarán de inmediato noutros 40, e posteriormente noutros 25. Unha incorporación paulatina que evitará os posibles efectos negativos das novas incorporacións na economía global dos mariscadores cambadeses.


Nestes tempos de crise esta pode ser unha boa saída laboral, pero non sabemos cando se levará a cabo. Agardemos que non sexa coma as promesas electorais que despois ou non se cumpren ou de cumprirse os números baixan escandalosamente. Pois xa hai que descontar os 25 primeiros que a falta das alegacións xa foron concedidos.

Tamén agardamos que os preto de 5000 euros que se aforrarán polo Plan de Eficiencia Enerxética vaian a parar as arcas da Confraría e polo tanto de todos os socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.