Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de abril de 2012

O PARO. SUMA E SEGUE


O PARO SEGUE SUBINDO


O paro aumentou en Galicia en marzo en 2.120 persoas, un 0,77 % máis que o mes anterior, o que supón cinco centésimas menos que o rexistrado no conxunto de España (0,82 %), segundo datos divulgados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Un total de 276.795 persoas figuraban a finais de marzo como rexistrados no paro en Galicia, segundo o informe, que sinala que no conxunto de España había un total de 4.750.867.



Respecto de marzo do ano pasado, en Galicia houbo un aumento de 11,05 % do desemprego, 27.549 persoas       máis, case un punto e medio por encima da media do conxunto de España que tivo un incremento de 9,63 %.

                                                                             A maior porcentaxe de aumento do desemprego en marzo pasado rexistrouse na provincia de Ourense (1,51 %), seguida da de Pontevedra (0,90 %), da de Lugo (0,56 %) e da da Coruña (0,49 %).


O desemprego afecta a máis mulleres que homes no conxunto de Galicia, excepto na provincia de Lugo, segundo os datos.



Por sectores, do total de 276.795 parados en Galicia, 7.410 corresponden ao sector da agricultura, 42.075 ao da industria, 47.201 ao da construción e 151.006 ao de servizos, segundo o Ministerio.
A afiliación á Seguridade Social descendeu en Galicia un 0,05 % en marzo
O número de afiliados á Seguridade Social descendeu en Galicia o pasado mes de marzo en 510 persoas, un 0,05 % menos respecto ao mes anterior, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O descenso en termos interanuais situouse nun 3,93 %, ao rexistrar marzo 38.793 afiliados menos que o mesmo mes do ano anterior, o que deixa a cifra total de afiliados en 945.760 persoas.



No conxunto de España, o número de afiliados á Seguridade Social subiu en marzo en 5.419 persoas respecto de febreiro (0,03 %), o que supón romper unha serie de sete meses á baixa e sitúa o total de adscritos en 16.902.530.

Respecto de marzo de 2011, a Seguridade Social perdeu 490.224 afiliados (2,82 %).

En Galicia, hai 691.251 afiliados ao réxime xeral, 215.891 son autónomos, 23.425 están inscritos no réxime do mar, 2 no carbón e 15.190 no fogar.

Os datos da nosa comarca en xeral e de Cambados en particular non son moito mellores. Agás nos concellos de O Grove, (76 parados menos) Sanxenxo (26) Meis e Meaño con 3 parados menos en cada un, no resto das vilas a tendencia alcista segue a ser a nota destacada. 
Vilagarcia con 139 novos parados lidera esta triste clasificación, séguelle Cambados con 41, Vilanova con 17 , a Illa con 16 e Ribadumia con14.
En canto a taxa anual a Comarca acada uns números verdadeiramente malos, 13.522 persoas buscan traballo no Salnés. Dende xaneiro 758 parados máis.

Definitivamente as promesas de Feijoó despois de tres anos parece que non se van cumprir, pero ánimo que lle quedan uns meses para obrar o milagro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.