O grupo conserveiro Alfageme comezou onte o seu proceso de liquidación, ante o anoxo dos sindicatos. Nunha semana podería concluír este trámite que remataría co soño de recuperar o seu traballo de centos de traballadoras das Rías Baixas. Ante esta situación, os sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT reclamaron unha reunión urxente cos representantes do IGAPE e da Consellería de Economía e Industria para buscar unha solución canto antes. Desde a CIG acusan á Xunta de queres cargarlle as culpas ós administradores concursais cando son eles os que deberán ter posto unha maior vontade política. Amais pídenlle ó goberno galego que os seus asesores xurídicos lles proporcionen unha saída con garantías legais a esta situación para evitar que grupos inmobiliarios poidan facerse co terreo para especular.
A Confederación Intersindical Galega protesta tamén pola situación de reforzo que está a supoñer a evolución deste conflicto para a familia Lago, expropietaria de Alfageme. Pola súa parte, a Xunta de Galicia, lonxe de concederlle esa reunión urxente, ven de pronunciarse ratificando o seu compromiso con Alfageme e urxe á administración concursal a que atope unha alternativa para garantir o proxecto.
O Executivo autonómico asegura que durante todo o proceso a comunicación entre as partes implicadas no desenrolo deste conflicto foi permanente co fin de garantir a viabilidade destas factorías e dos seus postos de emprego. Aseguran que os representantes do goberno galego poderán volver a reunirse cos sindicatos unha vez que haxa avances, á espera de que se poida realizar o pago dos avais, que só serían viables, segundo os seus informes xurídicos, unha vez que haxa unha sentencia en firme ou se retirase a denuncia por parte dos propietarios, a familia Lago.
A todo isto hai que engadir que unha empresa inmobiliaria presentou unha oferta polos terreos das naves de Vigo e O Grove ademáis de por toda a maquinaria ámbalas duas naves. Bahía de Vilariño S.L, é o nome da inmobiliaria de Vigo. A oferta foi presentada o 26 do pasado mes de xaneiro.
O conselleiro Javier Guerra segue a apostar por unha solución para a conserveira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.