Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de febrero de 2012

ALVARO CUNQUEIRO VALEDOR DO ALBARIÑO



Primeira actividade conxunta dende a rehabiliación do edificio

A exposición fotográfica “Álvaro Cunqueiro, valedor do Albariño”, realizada polo Concello, abriuse ao público no salón principal da Sociedade Cultural, entidade históricamente vinculada á celebración albariñense. Esta vai ser a primeira actividade conxunta Concello-Cultural dende que concluiron as obras de rehabilitación do histórico edificio da sociedade.
No convenio entre ambas institucións permítese utilizar o salón da Cultural para actividades sociais, culturais ou mesmo políticas abertas a todos os cambadeses, e que non teñan cabida no auditorio da Xuventude ou mesmo noutros espazos municipais.
A única edición do xantar da Festa do Albariño que se celebrou a cuberto foi a de 1958, por mor da choiva, e precisamente foron os locais da Cultural os que albergaron o acto. Tamén foi o único xantar albariñense no que participou o poeta Ramón Cabanillas.
A exposición de fotografías, dos anos 50, 60 e 70 do século XX, pretende reflictir a longa, estreita e fonda relación de Álvaro Cunqueiro coa Festa do Albariño e con Cambados.  O Concello acordou lembrar a súa figura, esencial na progresiva transformación da Festa.
A exposición está integrada por 12 paneis, o primeiro dos cales reproduce unha foto familiar na que está presente a figura do pai de Álvaro, Joaquín Cunqueiro Montenegro, natural de Cambados. Debaixo da imaxe, aparece unha breve recensión do xornalista Martín Fernández referindo as vinculacións familiares dos Cunqueiro con Cambados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.