Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2015

A MAREA VERMELLA PECHA NOVOS BANCOS MARISQUEIROS






As análises obrigaron a pechar un novo banco de ameixa e de berberecho na ría de Arousa: entre Cambados, A Illa e Vilanova.
Deste xeito, só quedan dúas zonas operativas para o marisqueo nas Rías Baixas.
Unha zona é no fondo da ría de Arousa, entre Vilagarcía e Cabo de Cruz, e a outra é na ría de Vigo, na enseada de San Simón.
Polo momento, só están libres da toxina as Rías Altas e zonas como Baldaio, no concello de Carballo, e Camariñas.
No caso do mexillón, todas as bateas de Galicia están pechadas desde hai 12 días.
A Xunta recorda que as toxinas son froito dunha fermentación natural de algas microscópicas e insiste en que só o marisco etiquetado legalmente cumpre todas as garantías.   







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.