Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2014

PREMIOS SUMILLIER DO ANO (DOUS CAMBADESES ENTRE OS 4 CANDIDATOS)



Esther Daporta – Restaurante Yayo Daporta (Cambados)


O Instituto Galego do Viño outorga cada ano os Premios Mágnum do Viño Galego. Nesta edición 2014, por primeira vez, serás ti, como afeizoado do viño e a gatronomía, quen decidirá o gañador co teu voto.



José Luis Aragunde – Vinoteca Ribeira de Fefiñáns (Cambados)

O Mágnum ao Mellor Sumiller quere recoñecer e dar a coñecer aos mellores profesionais da sumillería comprometidos co viño galego. Os candidatos foron elexidos por un xurado de profesionais valorando o traballo que levan feito a prol da defusión do viño galego. Todos eles teñen teñen demostrado un forte compromiso en dar a coñecer os nosos viños nos foros nos que participan e no tratamento esmerado do seu servizo nos restaurantes e empresas nas que traballan.

Eva Pizarro  - Restaurante Acio (Santiago)



Entre os participantes na votación sortearase un fantástico premio: unha estancia para dúas persoas en réxime de pensión completa no fermoso Hotel Balneario Oca Augasantas, no corazón da Ribeira Sacra!
Juan Ayerbe – ElSumiller. es (A Coruña)

As votacións están limitadas a usuarios identificados e non se admite máis dun voto por DNI e email. O período de votación finaliza o 14 de marzo.
Para deixar o teu voto,  pincha aquí!












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.