Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2013

A XUNTA NEGA INFORMACIÓN QUE POIDERA COMPROMETELA








A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia Pladesemapesga solicita información, aclaraciones ou desmentidos que a Xunta "denega" sobre os Helicópteros de Salvamento Marítimo Gardacostas de Galicia, Pesca1 e Pesca2  sobre a presunta fraude na contratación de servizos dos helicópteros de Gardacostas da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia por un valor que superaría os 30 millóns de euros sen IVE.

Ata a data a Consellería declina responder ao solicitado malia advertirlle expresamente que o silencio sobre este escuro asunto, amparado polo Artigo 20 da Constitución Española. Será considerado que se outorga plena conformidad e veracidad a todo o contido do presente escrito pola Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural e do Mar, Xunta de Galicia.


Pladesemapesga, ante a negativa solicitou información ao titular da Xunta de Galicia. Sr. Feijóo, obtendo tamén o silencio administrativo como resposta ao proceder da Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural e do Mar sobre esta petición de información sobre os helicóptero Pesca 1 e Pesca 2 e a relación coa denuncia ante a Fiscalía dos contratos iniciada pola CIG Administración.

A Consellería do Medio Rural e do Mar rexeita presuntamente as ofertas das empresas, e logo adxudícalle a dedo (designación urxente e directa) o contrato, tal e como denunciaron a CIG Administración ante a Fiscalía de Galicia, acusando como responsables a Rosa Quintana e ao Sr Francisco José Vidal pardo e Pardo, como Secretario xeral Técnico de Medio Rural e do Mar.

Ao parecer a Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia publica unha licitación, por iso, preséntanse varias empresas, entre elas a que logo adxudican a dedo, rexeitan varias delas en primeiro lugar, logo a outra en segundo lugar e para rematar queda deserto o concurso público, incluída a empresa INAER HELICOPTEROS, S.A.U..


Ao non admitir a ningunha empresa, declaran deserto o concurso, axustándose á Lei de Contratos do Estado, e a continuación adxudican a dedo a unha das empresas que previamente rexeitaron "mediante fórmulas matemáticas", a empresa INAER HELICOPTEROS, S.A.U. ...

É posible que ocorra isto e non pase nada?......

De verdade séntense tan impunes que pensan que ninguén xamais lles denunciará?.....





Máis información aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.