MAL MANTEMENTO DO E.E.I A PASTORA
O pai dun alumn@ do colexio da Pastora mandounos unhas queixas, acompañadas dunhas fotos, sobre o mal que o concello leva o mantemento do mesmo. Ademáis é sabedor da miña pertenza á directiva da ANPA preguntame se dende esta asociación somos coñecedores destas situacións das que el quere dar conta, e que non son outra que as seguintes.
En primeiro lugar expón o lamentable estado do cuadro eléctrico do exterior do colexio e que debido asua situación e accesible os pequenos co perigo que elo conleva para os cativos.
En segundo lugar fainos chegar a foto dos anclaxes dos mastis das bandeiras que foron retirados fai un tempo pero quedaron uns tornillos oxidados e en punta dos que algún neno e dulto pode dar fe do perigosos que son.
Outra queixa que nos fai saber é o estado da verxa lateral igual a da rampa de subida ao colexio que non foi arraxada cando se arranxou a "irmán".
Segue o noso amigo laiandose do estado do patio de xogos. Considera que deberia ser de cemento e non de area xa que cando chove (este ano malamente dous dias) a area é arrastrada quedando o patio sen area.
Eu como membro da ANPA podo decirlle que agás o tema do cadro eléctrico todo foi notificado ao Concello do que dan fe as copias dos escritos remitidos, algún máis dunha vez e non solo pola ANPA senón tamén pola dirección do centro. Agardamos que todo se arranxe o máis pronto posible e que as explicacións dadas dende aquí sean do agrado do todos.
Se alguén ten algo que comentar ao respeto agardamos os seus comentarios
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.