Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VOLEIBOL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VOLEIBOL. Mostrar todas las entradas

1 de mayo de 2018

O X.A.V CAMBADOS ACADA O BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO




Este pasado domingo 29 de abril, celebrouse en Monforte o Campionato Cadete Feminino.
A competición feminina abrírona Calasancias Coruña e XAV Cambados, ás 10.00 horas no pavillón de A Pinguela.
As coruñesas dominaron con autoridade o primeiro asalto, que rematou 25 a 13 e aínda que as cambadesas reducirían distancias a partir do segundo, non conseguiron inquietar ás súas rivais, que certificaron o pase con dous marcadores idénticos, de 25 a 20.
Na segunda eliminatoria, entraba en escena o equipo anfitrión, o CV Ribeira Sacra que foi moi superior ao Kinesis Fisioterapia Oleiros neste encontro e sentenciou pola vía rápida 25 a 15, 25 a 15 e 25 a 14.
Pola tarde a medalla de bronce decidiuse nun axustado partido no que XAV Cambados e Kinesis Fisioterapia Oleiros repartiron o dominio do xogo ao longo de catro sets (25-11/22-25/20-25/25-19) ata que, tras o empate, as cambadesas dominaron a morte súbita para colgarse o bronce 15 a 4.
A gran final tamén foi igualada. O Calasancias Coruña mandou nos tramos decisivos dos dous primeiros parciais (25-22 e 25-20) para encamiñar o título, pero o Ribeira Sacra non se deu por vencido. Nun axustado pulso, as locais lograron manterse con opcións 26 a 28 ata que, no cuarto, o Calasancias botou man de todo o seu potencial para non deixar escapar a eliminatoria e facerse co título de Campión Galego 2018, 25 a 16.
A central do conxunto vencedor, Lucía Varela foi nomeada MVP do torneo e na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, o Deputado de Deportes D. Pablo Rivera, o presidente da Federación Galega de Voleibol D. José A. Luna, e a internacional monfortina Noelia Sánchez.




30 de abril de 2016

SABOR AGRIDOCE PARA AS INFANTÍS DO XAV CAMBADOS







Despois de rematar a liga regular como primeiras sa rapazas do XAV Cambados non puideron coa presión de xogar na casa, para acadar unha medalla na Fase Final do Torneo dispurado hoxe.

Os mellores equipos galegos da categoría infantil feminina disputaron hoxe a súa Fase Final en Cambados

O CV XAV Cambados foi o club encargado de organizar o torneo feminino, que se celebrou no Pavillón Municipal O Pombal da localidade pontevedresa.

O equipo anfitrión non pudo aproveitar o factor cancha para poñer a guinda a unha tempada na que rematou líder tanto na primeira fase, como na segunda, á fronte do grupo A. Non era tarefa sinxela, posto que outros tres equipos chegaron a Cambados co mesmo firme obxectivo: Mel Fror Emevé, CV Ribeira Sacra e Calasancias Coruña, e tras unha tempada moi igualada o play off polo título prometía moita emoción e máis dunha sorpresa.
O campionato arrancaba ás 10.00 horas coa primeira semifinal entre CV Ribeira Sacra e Calasancias Coruña que rematou co resulatado de 3 sets a 1 favorable a Ribeira Sacra (11-25/25-17/26-24/25-11) e ás 12.00 horas decidíase o segundo finalista entre XAV Cambados e Mel Fror Emevé. Victoria visitante por 3 a 1 tamén (16-25/13-25/29-27/21-25).


A partir das 17.00 horas tivo  lugar o choque polo bronce e o resultado foi de 3 a 1 a favor do Calasancias (25-15 /25-18/25-19/25-14)e ás 19.00 foi a gran final galega, que rematou coa victoria do C.V. Ribeira Sacra cun contundente 3 a 0 (25-21/25-11/25-23). 







27 de abril de 2016

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL FEM. DE VOLEI EN CAMBADOS








Esta mañán tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación  da FASE 
FINAL DO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL FEMININO DE VOLEIBOL  que se 
celebrará este vindeiro sábado 30 no Pavillón Municipal "O Pombal" en 
Cambados
Esta final a 4 disputarana os equipos,  CV Ribeira Sacra (Monforte) e  Calasancias Coruña que disputarán a primeira das semifinais as 10 da mañán e XAV Cambados e Mel-Fror Emevé(Lugo) que as 12 disputarán a segunda das semifinais.

SEMIFINAIS‬:
•Ribeira S.Monforte - Calasancias A Coruña. 10:00H
•XAV CAMBADOS - Emevé Lugo. 12:00H
‪#FINAIS‬:
- 3ª4 Posto Dende as 17:00 Horas
-FINAL CAMPIONATO VOLEI: 19:00 HORAS

O acceso ao Pavillón e gratuíto





21 de abril de 2016

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VOLEIBOL EN CAMBADOS






A fase final do campionato galego infantil de voleibol, disputarase o próximo día 30 na localidade pontevedresa de Cambados. Nesta categoría, o Ribeira Sacra enfrontarase á escuadra das Calasancias na primeira semifinal, mentres que a outra a disputarán o conxunto local do XAV
Cambados e Emevé.







20 de abril de 2016

5 CLUBES CAMBADESES PERCIBIRÁN MÁIS DE 11.000 € DA XUNTA








No D.O.G do dia de hoxe aparece publicada a resolución do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.


O Club Xuventude Baloncesto con 69 puntos embolsarase a cantidade de 5.088,90 €.

Club Cambados Tenis de Mesa, 25 puntos para un total de  1.843,80 €.

Club Piragüismo Cambados que acadou 20 puntos recibirá 1.475,04 €.

Clube Voleibol X.A.V. Cambados logrou 31 puntos e 2.286,32 €.

E por último o Clube Natación Salnés que con so 5 puntos, sumará 368,76 € as suas arcas.

Nesta listaxe aparecen so estes 5 clubes cambadeses e que percibirán entre todos unha cantidade superior aos 11.000 €.





12 de agosto de 2015

INAUGURADO DE FORMA OFICIAL O PAVILLÓN DO INST. CABANILLAS





CARMELA SILVA ENTREGA Á ALCALDESA DE CAMBADOS, FÁTIMA ABAL, AS CHAVES DO PAVILLÓN RAMÓN CABANILLAS PARA QUE SE INICIE A ACTIVIDADE DEPORTIVA

A Presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou Cambados esta mañá, para facer a entrega das chaves do pavillón Ramón Cabanillas e do Pombal á alcaldesa Fatima Abal e á dirección do centro educativo. Un acto que nada ten que ver co que fixo o seu antecesor no cargo que veu a sacar a foto nun pavillón sen rematar e a escondidas e sin avisar á diectiva do centro. Un acto no que destacaba a presenza do ex-alcalde e o seu segundo, so, como decimos para a fott. Algo que sucedeu co recén remodelado campo do Pombal e que non se pode utilizar para a práctica do futbol.
Durante a entrega das chaves, as rapazas do clube de voleibol X.A.V. de Cambados amosáronlle á Presidenta, Carmela Silva, as novas intalacións renovadas e estrearon o pavillón entrenando e xogando ó voleibol.
Carmela Silva quixo comprobar de preto o estado das obras realizadas.
Carmela Silva tamén adiantou que a pesar do mal estado das arcas da Deputación, ten previsto outorgar unha serie de axudas para que todos os concellos da provincia de Pontevedra poidan adquirir novo equipamento deportivo para as súas intalacións.




21 de noviembre de 2014

A SITUAXIÓN DO XAV CAMBADOS MOTIVO DE QUEIXA





Trala publicación na prensa de antonte a noticia sobre a situación de precariedade, con respecto ao uso instalación deportivas municipais, polas que está a pasar o club de voleibol (XAV), afirmando que, nalgunha das categorías, nin sequera pode xogar en Cambados os partidos das ligas asignados como local. Na mesma queixa tamén se facía referencia á gran dificultade para utilizar o pavillón municipal do Pombal.
O BNG pide coñecer cales son os criterios que utiliza o concello de Cambados para a asignación da utilización do pavillón municipal do Pombal?, que técnico municipal é o encargado de realizar a asignación semanal de espazos deportivos?, por que medio e con que regularidade se comunica dita asignación?, como deben realizar os clubs deportivos a súas peticións de pistas?, fai o concello algunha reunión conxunta cos representantes das entidades deportivas municipais para tratar este tema e tentar buscar unha solución de consenso a esta problemática?, por que o concello non  elabora un regulamento de usos das instalacións deportivas municipais que rematen coas problemáticas que se están a dar no noso municipio?