Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TREN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TREN. Mostrar todas las entradas

2 de julio de 2017

O TREN PEREGRINO "PASARÁ" POR CAMBADOS
















O tren peregrino, cuxos billetes xa están á venda, volverá percorrer a Comunidade galega este verán por terceiro ano consecutivo permitindo que aqueles viaxeiros que o desexen poidan percorrer a pé ou en bicicleta as últimas etapas do Camiño Portugués e obter a Compostela.
Este percorrido, enmarcado na oferta turística ferroviaria para este verán impulsada por Turismo de Galicia, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), partirá de Madrid con destino Santiago de Compostela e terá catro saídas, os días 3, 10, 17 e 24 de agosto.
Cada viaxe durará catro días e cinco noites e os viaxeiros que realicen o camiño atravesarán as poboacións de Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Arcade, San Amaro, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Caldas de Rei, Valga, Padrón ou Teo que pertencen ao Camiño Portugués que, por primeira vez se incorpora ao percorrido do Tren Peregrino.
Con excursións e visitas culturais
Este ano ademais das novidades no itinerario, aqueles que o desexen poderán recorrer as etapas cuxa lonxitude sumada permita obter a Compostela ao final da viaxe. Para acadala, os peregrinos deben acreditar ter realizado polo menos 100 quilómetros a pé, o que se pode lograr nas tres etapas que inclúe o programa do Tren do Peregrino.
Dende a estación na que o tren se detén ata o lugar onde se inicia a etapa da Ruta Xacobea os viaxeiros serán trasladados nun autobús que os acompañará no seu traxecto para os desprazamentos que sexan necesarios. Ademais, esta nova opción de vivir a experiencia que supón o Camiño de Santiago, inclúe unha selección de excursións, actividades e visitas culturais completan a viaxe no tren-hotel.

Trens turísticos de Galicia
O Tren do Peregrino forma parte do programa Galicia a todo Tren, o proxecto turístico pioneiro que permite coñecer a Comunidade galega en tren e que dende o mes de xuño está a ter unha moi boa acollida entre os viaxeiros. A edición deste ano inclúe 11 itinerarios, que inclúen as rutas Ourense termal e de compras, a ruta Descubrindo A Coruña, a ruta dos Pazos e Xardíns históricos, a Ruta da lamprea, a Ruta Lugo Romano, a Ruta dos Faros e as rutas das cinco denominacións de orixe.

En total, a edición deste ano conta con 56 saídas regulares que se desenvolverán ata o 28 de outubro. Pódese consultar o calendario dos trens turísticos na páxina web de Turismo de Galicia así como na da compañía ferroviaria RENFE, onde tamén se poderá reservar o billete. Todo, cunha ampla oferta para recorrer as catro provincias galegas en rutas dun día na que se inclúen desprazamentos en autobús e visitas guiadas.



23 de julio de 2016

ÉXITO DOS TRENS TURÍSTICOS POLAS RUAS DOS FAROS, RIBEIRA SACRA E RIAS BAIXAS











Este sábado están en funcionamento os trens turísticos correspondentes á ruta dos Faros, á das Rías Baixas e á Ribeira Sacra, tres dos nove itinerarios temáticos que este verano percorrerán Galicia no marco da cuarta edición do programa de trens turísticos "Galicia a todo tren”, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, RENFE e Deputación de Ourense a través do INORDE.
Os tres itinerarios esgotaron a totalidade das prazas ofertadas para hoxe e xa teñen vendido en torno a un 80% da oferta de toda a tempada, que remata en outubro. Neste sentido, o tren dos Faros achégase a un 84% de reservas xa efectuadas, dato que é do 82% no da Ribeira Sacra e do 74% no caso das Rías Baixas.
Ademais, en cuestión dun mes e medio –xa que o inicio dos percorridos foi o 11 de xuño- xa se venderon máis de 1.500 billetes para o total das nove rutas en funcionamento, supoñendo o 68% de todos os pasaxes vendidos nos catro meses da pasada edición, uns 2.200. Neste punto cabe destacar a maiores que nesta nova tempada do "Galicia a todo tren” se incrementa a oferta global en 84 prazas grazas aos bos resultados obtidos na edición anterior, na que se obtivo unha ocupación do 87%.

Percorrido dos trens en funcionamento na xornada


O tren da Ruta dos Faros xa estivo en funcionamento os sábados 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo. Este percorrido parte de Ferrol e avanza polos sitios máis destacados da costa norte galega. O convoi descubre lugares significativos como Cabo Ortegal, o mirador de Vixía Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido, o Cabo de Estaca de Bares ou a Praia das Catedrais. Pódese escoller iniciar a ruta en autobús dende A Coruña, incluíndo despois o regreso, e visitando o exterior da Torre de Hércules, o faro romano máis antigo en funcionamento e declarado Patrimonio da Humanidade.
O tren da Ruta do Viño do Ribeiro – Rías Baixas parte de Ourense para visitar o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, a adega Marqués de Vizhoja, o Túnel do Viño e o conxunto histórico medieval de Ribadavia, o mosteiro de San Clodio, o castro de San Cibrao de Las e o seu Centro de Interpretación do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa e os espazos museísticos da estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo, que son concretamente o Museo do Traxe e o Museo do Automobilismo. Este tren xa realizou un percorrido este ano o 9 de xullo.
Así mesmo, hoxe tamén se podía realizar o percorrido no tren da Ruta do Viño das Rías Baixas, que iniciou a súa andadura nesta edición o pasado 25 de xuño e realizou outra viaxe o 9 de xullo. Ten saída dende Santiago de Compostela e visita a adegas Martín Códax, en Vilagarcía, e a do Pazo de Fefiñáns, en Cambados. A maiores, ofrece a posibilidade de realizar un paseo polo centro desta última cidade e un percorrido en barco pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón.
Outro itinerario dispoñible é o do tren da Ruta do Viño da Ribeira Sacra tren turístico Aba Sacra, que xa estivo en funcionamento o 11 e o 25 de xuño e o 9 de xullo. Este tren parte da estación de tren de Ourense para realizar un percorrido turístico pola Ribeira Sacra. A ruta inclúe unha visita á adega Regina Viarum, ao Centro de Interpretación do Viño en Monforte de Lemos, un paseo en catamarán polo río Sil e a visita tanto ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil como á Aula do Ferrocarril dos Peares.

Novidades do ‘Galicia a todo tren’ deste verán


Ademais do incremento no número de prazas ofertadas, este verán póñense en marcha dúas novas rutas, a “Termal e do Camiño do Norte a Santiago” e a da “Lamprea e o viño do Condado”, que se unen ás sete existentes: a dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo; a dos Pazos e Xardíns Históricos, entre Santiago e Vigo; e as cinco Rutas do Viño que percorren as zonas das Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras, territorios nos que se producen os viños galegos con denominación de orixe.
Desta maneira, en distintas datas entre xuño e outubro de 2016, un total de nove trens turísticos percorrerán outros tantos itinerarios temáticos. Cada unha das rutas pode realizarse nun día e, ademais da viaxe en tren, ofrecen desprazamentos en autobús de ida e volta entre a estación de ferrocarril e o recurso turístico a visitar, xunto con actividades complementarias como paseos en catamarán e o acceso e as visitas guiadas especializadas a xardíns, adegas ou museos.
A oferta deste programa compleméntase, un ano máis, co “Tren do Peregrino”, o “Tren dos Balnearios” e o “Galicia Rail Pass”, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.
Ademais, este ano Santiago recibiu a visita do tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, o Al-Andalus. Foi a primeira vez na historia que este convoi viaxe entre Madrid, a comunidade autónoma española de onde procederon máis peregrinos en 2015, e Santiago de Compostela, meta xacobea. O tren realizou unha viaxe a pasada semana e efectuará outra en agosto, marcando así un fito histórico de gran importancia para a Comunidade e para o Camiño de Santiago.








3 de marzo de 2016

O TREN AL-ANDALUS "VOLVERÁ" A CAMBADOS






O tren de luxo AL-Andalus volverá a "visitar" Cambados este ano.
O tren sairá  de Madrid os sábados 9 de xullo e 6 de agosto
O quinto día da ruta Madrid-Santiago, mércores os seus viaxeiros terán a oportunidade de coñecer as Rias Baixas. A continuación podedes ver como se desenrolará a xornada Ourense-Pontevedra-A Coruña tal e como describen desde RENFE.


Pola mañá, mentres se almorza co tren en marcha, poñeremos rumbo a Pontevedra, iniciando a nosa xornada coa visita á Illa da Toja, internacionalmente coñecida polo seu balneario. Logo, desde o porto do Grove, embarcaremos nunha visita pola Ría de Arousa en catamarán con visión submarina, onde nos mostrarán as bateas e a cría de mexillóns, recoiro e vieiras, e poderemos probar os deliciosos mexillóns. Navegaremos ata Cambados, histórico enclave esculpido en granito. Visita dun típico pazo galego e degustación de viño Albariño. Tras o xantar, regreso a Pontevedra, onde contaremos con tempo libre para explorar ao noso aire uno dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. Para os que o prefiran, o noso autobús achegaranos a Vigo, motor económico de Galicia e a cidade máis grande desta rexión. De regreso ao tren, desprazarémonos ata A Coruña, onde cearemos e faremos noite.




24 de julio de 2014

HIPÓCRITAS



                                   HIPÓCRITAS!!!!!

Hipócritas por darlle unha medalla as víctimas e non crear unha comisión de investigación.
Hipócritas por negar a entrada ao acto as familias das víctimas disconformes con esa medalla.
Hipócritas por evitar falar do esencial: "neste dia non toca..." dixo o sr. Presidente.
Hipócritas por querer ser protagonista con declaracións institucionais falsas e demagóxicas.

                                    



11 de junio de 2014

A CAMBADESA ROSA VILAS RECOLLE UN PREMIO A TVG






O galardón, entregado nunha gala celebrada en Aranjuez (Madrid), foi concedido pola cobertura realizada pola canle pública galega sobre a catástrofe ferroviaria de Angrois

A directora de TVG agradeceu o recoñecemento aos valores do "servizo público e a información de proximidade" se ben lamentou que o premio fose por un feito tan tráxico
 
A Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, que preside Manuel Campo Vidal, entregoulle a noite pasada a Televisión de Galicia no premio ao Mellor Informativo Autonómico de 2013, nun acto celebrado no Gran Casino da localidade madrileña de Aranjuez e que reuniu a máis dun milleiro de profesionais da maior parte das canles e sectores do mundo televisivo.
O galardón concedeuse pola cobertura informativa da catástrofe de Angrois e foi recollido pola directora da TVG, Rosa Vilas, quen salientou o feito de que se trate dun premio outorgado por profesionais do sector, ao tempo que agradeceu que con el se faga un recoñecemento aos valores que representa a canle pública galega. "Creo que Televisión de Galicia esa noite foi máis servizo público e de proximidade ca nunca", expresou.





Información e imaxes recollidas da TVG

10 de junio de 2014

CINCO NOVAS RUTAS NO PROGRAMA "GALICIA A TODO TREN"






A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación do programa dos novos trens turísticos de Galicia ‘Galicia a todo tren’, na que interviñeron ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocios de Renfe, Rodrigo Hilario.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou o feito de que este proxecto, que comezou o ano pasado como un proxecto turístico pioneiro, inclúa nesta segunda edición novos atractivos grazas á colaboración interinstitucional entre Renfe e a Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense, que vén de integrarse neste programa.
Segundo explicou, o Plan Integral de Turismo de Galicia na súa liña estratéxica sexta incide no turismo como sector multidisciplinar e no que interveñen axentes públicos e privados, de aí a necesidade de coordinación dos mesmos para conseguir un desenvolvemento turístico eficiente e sostible. “Os trens turísticos son un exemplo de colaboración para ofrecer un produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente”, dixo Nava Castro.
O ano pasado puxéronse en funcionamento dúas rutas con 30 trens que realizaron itinerarios de media xornada e xornada completa. “O balance final constatou o acerto deste proxecto porque máis de 600 viaxeiros percorreron os itinerarios acadando unha ocupación media do 72,5%”.
Este ano, as rutas turísticas en tren de Galicia inclúen a posibilidade de percorrer a través das vías do ferrocarril as Rutas dos Viños de Galicia. En total haberá, xa que logo, 7 rutas con variadas temáticas: a Ruta dos faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e mais cinco Trens Turísticos do Viño, que transcorrerán polos diferentes territorios das Denominacións de Orixe de Galicia –Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras-.

A estas rutas turísticas temáticas cómpre engadir a posibilidade de descubrir Galicia co Galicia Rail Pass, o Train and Breakfast Camiño de Santiago, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e o Transcantábrico. As rutas estarán en funcionamento dende mediados de xullo ata finais de setembro.

30 de julio de 2013

QUEREN IMPUTAR A PEPE BLANCO E ANA PASTOR






Piden axuda e tecnicos que poidan aportar peritaciones e datos con fins xudiciais para procesar ao ex ministro e actual ministra de Fomento..
RENFE é a operadora que decidiu que o Alvia siniestrado viaxase sen sistemas de seguridade durante o traxecto de Ourense a Santiago, ao decidir non homologar -durante o ano e medio de operatividad da linea- os sistemas de seguridade cos que contaban tanto a infraestructura como o propio Alvia; non homologados, resultaban inutilizables. E o que é máis relevante, de ser utilizados, con toda probabilidade, a traxedia evitouse; así como o risco sufrido polos pasaxeiros e persoal do traxecto durante este ano e medio. Por fin, os responsables do Ministerio do ramo involucrados na contratación do trazado ferroviario e os seus sistemas de seguridade. Ou o que é o mesmo, Pepiño Branco e Anita Pastor. Dáse a particularísima casualidade de ser, ambos, galegos. 

Pois, en primeiro lugar, porque para imputar penalmente non bastan meras sospeitas. Son precisas probas, ou canto menos indicios da súa responsabilidade criminal.

O achado de tales probas ou indicios debe ser resultado da investigación xudicial, pública, suxeita á coacción lexítima do órgano xudicial competente. Pode haber casos en que tales probas -ou indicios- poden ser aportados polos particulares, pero na xeneralidade dos casos, tales elementos deberán ser obtidos por medio da autoridade xudicial.


29 de julio de 2013

A XUNTA NON DISPUXO TODOS OS MEDIOS TRALO ACCIDENTE DE SANTIAGO







A verdade é que non quería escribir nada relacionado co accidente ferroviario de Santiago pero despois de ver a nota de prensa que enviou a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública non podo evitalo.

Feijóo e seu Goberno na Xunta de Galicia deben asumir ceses inmediatos e responsabilidades, non é aceptable que non se abriran ante esta catástrofe vos quirófanos e outras unidades pechadas desviando vos feridos a mais de 50 quilómetros dá zona do accidente.
Ante noticias de que Ou hospital de Conxo, pese a ser é ou hospital máis próximo ao lugar dá accidente do tren e estar equipado cos recursos adecuados, mantivera súas unidades e quirófanos pechados, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere manifestar que:

1.- Consideramos inaceptable que, habendo persoal sanitario cualificado convocado non centro esperando para recibir e atender ás vítimas, o Hospital non abrira as unidades pechadas.

2.- Resulta paradóxico que si se derivasen doentes a centros privados como A Rosaleda en Santiago ou o Hospital Dominguez de Pontevedra.

3.- Rexeitamos que as autoridades políticas e sanitarias digan que se empregaron todos vos recursos públicos dispoñibles, mentres o Hospital de Conxo non recibirá a ningún ferido..

Isto mostra unha vez máis vos resultados dá política de pechar camas, unidades e quirófanos nos centros públicos e de apoio ao sector privado, que se mantén ata nunha situación tan dramática. 
Exiximos a Consellería de Sanidade que informe coa máxima claridade do dispositivo e vos criterios seguidos para a atención e derivación dúas feridos tratables e/ou trasladables aos centros sanitarios e animamos aos grupos parlamentarios a que soliciten ao goberno información sobre ás consecuencias dá política dous recortes públicos neste terrible accidente.

Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública
Duas horas despois de publicar esta entrada enterámonos que este hospital non funcionou ese día pois carece de urxencias. 

INCREIBEL UN HOSPITAL NOVO QUE CARECE DE URXENCIAS. ALGUÉN TEN QUE DIMITIR