Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TECNOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TECNOLOXÍA. Mostrar todas las entradas

6 de junio de 2020

CAMBADOS AMPLIA A FIBRA ÓPTICA NAS PARROQUIAS

16 núcleos das parroquias de Cambados van dispoñer redes que posibilitarán servizos de acceso a Internet mediante fibra óptica gracias a unha subvención do Ministerio de Economía e Empresa e Fondos Europeos FEDER.

O Concello de Cambados vaise beneficiar do despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet da Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, que están a promover nas parroquias que carecen de Internet de alta velocidade.
A empresa Telefónica de España, S.A., adxudicataria destas axudas do estado, ven de presentar no Concello o plan de despregamento para este ano e que vai permitir que 16 novos núcleos rurais dispoñan de redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Con esta actuación vanse beneficiar antes de que remate o ano un total de 221 inmobles dos seguintes núcleos: Valada, Xieles, Abelleira, Telleira, Casanova, Río Pequeno, Sobreiro, Tombo, Casas Novas, Cortiñas, Cuiña, Fornos, Sartaxes, Outeiro, Castriño e Balsiña
Desta maneira a veciñanza e as empresas do rural das parroquias de Cambados, súmanse as do Polígono Industrial Sete Pías de Cambados e as Depuradoras de Tragove, e que van poder desfrutar dunha conexión de datos tamén de alta velocidade, con ata 350 Megas de conexión, que multiplica por cen a existente hai uns anos no Polígono Industrial de Sete Pías de Cambados e na meirande parte dos núcleos rurais de Cambados.
Segundo explican dende a Cocellaría de Novas Tecnoloxías, o despregue de Fibra óptica esta previsto que remate antes de finalizar o presente ano e preferentemente, o despregue dos cables de fibra realizarse polas canalizacións soterradas existentes. Excepcionalmente e só onde non exista canalización dispoñible, o despregue realizarse en tendidos aéreos por postes ou en trazados por fachada, en función das características construtivas da área a cubrir, por iso en breve, a empresa Telefónica comezara a solicitude dos permisos particulares. Ao tratarse dunha renovación da rede actual, o novo tendido de cables de fibra óptica discorrerá en paralelo coa rede actual de cobre, non procedendo a realizar novos cruzamentos aéreos ou obra civil para o tendido dos novos cables.



28 de noviembre de 2019

INFORMACIÓN SOBRE A LIBERACIÓN DO SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL PARA A RECEPCIÓN DO SINAL TDT


A liberación do Segundo Dividendo Dixital é un proceso consistente na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).
Este proceso debe estar rematado a máis tardar o 30 de xuño de 2020 (Decisión (UE) 2017/899 do Parlamento Europeo e do Consello).
En xuño de 2019 publicouse o Real Decreto 391/2019 polo que se aproba o novo Plan Técnico nacional da TDT (PTNTDT) e se regulan determinados aspectos para a liberación do Segundo Dividendo Dixital (2DD).
Este Real Decreto define as Áreas xeográficas nas que se divide o país, en canto ao uso das canles radioeléctricas asignadas aos prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, e identifica os concellos pertencentes a cada área xeográfica.
Ademais, recolle as canles radioeléctricas asignadas aos 8 múltiplex dixitais de cobertura estatal e autonómica, en cada unha das Áreas xeográficas
En setembro de 2019 comezaron as novas emisións nos primeiros centros emisores, despregando as novas canles de emisión, e de forma progresiva iranse acendendo as novas canles no resto de centros afectados. Realizarase simulcast (emisións de forma simultánea na nova canle e a antiga) nos centros máis relevantes. Antes do 30 de xuño de 2020 deberá producirse o cesamento das emisións das canles na banda de frecuencias 694-700 MHz (liberación do segundo dividendo dixital).
Na zona da Guarda o inicio deste proceso está marcado para o primeiro trimestre de 2020.
A liberación da banda de 700 MHz implica que as canles que actualmente ocupan a devandita banda desprazaranse a outra parte do espectro radioeléctrico. Isto requirirá a adaptación das infraestruturas de recepción colectiva nalgúns edificios. Esta adaptación dependerá do número de múltiples que empregan a banda de 700 MHz en cada unha das áreas xeográficas.
¿Qué teño que facer?
As adaptacións necesarias que terán que facer os cidadáns para non perder a oferta televisiva:
  • Actuación dun instalador rexistrado de telecomunicacións nos edificios de vivenda con:
  1. Centraliña programable
  2. Amplificador monocanle
(Non será necesario realizar adaptación nas vivendas que teñan instalado amplificadores de banda larga, como por exemplo vivendas unifamiliares ou edificios comunitarios de menor tamaño)
  • Resintonización dos televisores en todas as vivendas unha vez que finalicen os simulcast.
O custo das actuacións necesarias para a adaptación estará subvencionado. O 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para as actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online a través da sede electrónica do Ministerio de Economía e Empresa, ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.
Para máis información pode consultar na web http://www.televisiondigital.es ou nos teléfonos 901 201 004 910 889 879


6 de junio de 2019

GRÁFICAS SALNÉS GANA O PREMIO AGADER A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA


En total son oito os proxectos seleccionados que recibirán un premio de 10.000 euros cada un, cifra que deberán reinvestir na iniciativa gañadora co obxectivo de realizar melloras, apostar pola conservación ou executar actuacións complementarias. José González destacou a elevada cantidade de proxectos presentados a este certame, agradecendo a todos eles a súa aposta polo agro galego, o que demostra que o rural galego ten futuro grazas ao seu potencial. Os galardóns entregaranse o vindeiro 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Galardoados

Na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, o premiado foi a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial.
Na de mocidade, destinada a persoas menores de 40 anos, o gañador foi a iniciativa presentada por Corazón de Carballo, Granxa Escola Musical, con sede en Tomiño. Un centro de ocio, tempo de lecer e servizos que conxuga educación ambiental e educación artística con multitude de áreas de traballo. O obxectivo desta entidade é transmitir e educar en valores humanos de respecto, igualdade, coidado polo medio ambiente e revalorización das materias primas, área rural e tradicións.
No apartado de interese social, destinado a aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos, recibe o premio a Asociación Carabelo, de Lalín, polo programa de apoio ás familias. Así, dita asociación fomenta o desenvolvemento integral, individual, social e grupal dos usuarios, mellorando a súa autonomía e as habilidades persoais, académicas, sociais e laborais para a súa plena integración.
Na sección de turismo, álzase co galardón a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra Courel, polo proxecto de desenvolvemento territorial nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, baseado na súa promoción turística e no desenvolvemento do xeoturismo, baixo o paraugas da figura de “Xeoparque Mundial da Unesco Montañas de Courel”.
En canto ás iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por mulleres, o premio vai para Polyesteres Bidasoa, S.L., de Marín, pola súa traxectoria nos últimos 30 anos desta empresa familiar dirixida por unha muller e cun cadro de persoal paritario que apostan pola calidade, innovación, especialización e respecto polo medio ambiente.
No sector agrogandeiro, o gañador é a SAT A Pementeira, empresa ubicada no concello de Padrón, polo cultivo e promoción de pementos así como o envasado, etiquetado e comercialización en fresco ou de produtos derivados da súa transformación (marmelada e bombóns de pemento), preservando todas as características do produto acollido á DOP “Pemento de Herbón”.
No de innovación tecnolóxica, a vitoria foi para Gráficas Salnés, S.L., de Cambados, pola fabricación de caixas forradas para embalaxe de produtos premium (caixas para viños, alimentación gourmet, perfumes…). Todo isto dentro dun proceso de fabricación que é sostible dende un punto de vista económico e medio ambiental, usando cartón compacto reciclado como base para ás caixas e o papel do forro procedente de montes sostibles.
E, por último, na categoría de loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras, o gañador deste premio é Amarelante, S. Coop. Galega, de Manzaneda. Trátase dunha aposta polo rural a través da castaña e do cooperativismo que está a levar a cabo un proxecto de recuperación de soutos abandonados neste concello, para o aproveitamento comercial de castañas frescas, secas e en fariña.



5 de julio de 2017

CAMPAMENTO TECNOLÓXICO EN CAMBADOS











Cambados pon en marcha un campamento tecnolóxico para nenos e nenas de entre 8 e 15 anos durante os meses de xullo e agosto.
Será no edificio da Mercéd e o custe da matrícula é de 55 euros para os empadroados en Cambados e 65 para o resto.
Durante dous meses, todos os días de 9.30 a 13.30 os rapaces poderán aprender o manexo de drons e robots, impresoras 3D, creación de videoxogos, crear un spinner e mesmo elaborar una miniatura de si mesmos.
As inscripcións poden realizarse a través dos teléfonos da empresa Telocrea, organizadora da actividade.