Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RIF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RIF. Mostrar todas las entradas

20 de mayo de 2016

ESPECIAL LETRAS GALEGAS NO RIF-ROCK










O sábado 21 no RIF-ROCK haberá un especial das Letras Galegas.
Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis.
Para o poster empregouse a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921.


Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h.



Non vo-lo perdades!!









5 de mayo de 2016

CONCERTO NO RIF-ROCK ESTE SÁBADO












Este sábado máis música en directo no RIF-ROCK de Cambados.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE! en concerto, a banda residente dá casa, aínda que agora teñan menos tempo.
Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para face-o seu repertorio, sempre actualizado, e esas sorpresas que habitualmente aparecen nos seus directos.

Sábado 7 de maio dende as 23:45h.

Non vo-lo perdades!!





27 de abril de 2016

DEAD WOOD EN CONCERTO NO RIF ROCK










Este sábado volven ó Rif-Rock o trío favorito do local DEAD WOOD!! 
O trío rematou recentemente o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr. Bam Bam (alias Rufus el Guarro) co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial, con despedidas, presentacións e convidados.


O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h.


Non vo-los perdades!!






19 de febrero de 2016

ISI VAAMONDE AND THE NEW SCHOOL EN CONCERTO








Este sábado  ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL en directo!  No RIF-ROCK
Logo da súa presentación o mes pasado coa nova banda, Isi Vamonde chega ó Rif-Rock acompañado por Rubén Iglesias, David Falcón, Jesús Caramés e Bruno Barreiro: NewSchool! Ese é o nome da nova banda liderada por Isi.
E despois do concerto, a sesión de garage de Comomepós que xa estaba programada para esa noite.
Unha noite ben completa. 

Non vo-lo perdades!!




6 de febrero de 2016

BREAKIN’ BONES EN DIRECTO NO RIF ROCK







O vindeiro sábado 13 de febreiro,  de novo os BREAKIN’ BONES no Rif-Rock!!
Con nova formación, novos temas, e o seu show habitual.
O mellor espectáculo de psychobilly do pais.
E ademáis despois do concerto, sesión a cargo do SHERIFF LORRE dende a cabina. Unha noite espectacular!!

Non vo-lo perdades




17 de septiembre de 2015

DEAD WOOD EN CONCERTO NO RIF-ROCK







Esta semana o Rif-Rock sigue coa música en directo. 
O sábado 19 de setembro volven DEAD WOOD!! O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam. O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. Non vo-los perdades!!
http://rifrockerz.blogspot.com.es/





12 de septiembre de 2015

NOVA TEMPADA NO RIF







Este sábado 12 de setembro comeza a tempada no Rif Rock Rúa Infantas,13 / Pr.Alfredo Brañas,Cambados con THE EVEN FLOW EXPERIENCE marabilla de concerto para arrancar despois do verán. Karallada e Manolo en acústico man a man co seu repaso polos anos 90s E despois do concerto segue a festa con sesión de Kurco SoundSystem na cabina ata o peche Todo dende as 23 45h Unha noite ben completa. Non vo lo perdades.






28 de julio de 2015

7ª FESTA DO BIGOTE NO RIF ROCK DE CAMBADOS








O próximo 2 de agosto Domingo do Albariño o RIF ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne FESTA DO BIGOTE na súa 7ª edición E este ano cun colaborador de luxo PC Barbería A continuacion tede las bases Coma tódo los anos estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión pero ao final decidimos facer un copia e pega dos anos anteriores así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO.........

Coma tódo-los anos, estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión, pero ao final decidimos facer un copia e pega dos anos anteriores, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 7ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 2 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 3). 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso:
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.

Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de calquer tipo.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK).

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.
http://rifrockerz.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/rifrock.cambados







7 de julio de 2015

O RIF-ROCK CUMPRE 16 CON BOA MÚSICA





O pub máis veterano de Cambados cumpre 16 anos e para elo ten preparado grandes eventos.
Este mes de xullo o RIF-ROCK cumpre 16 anos E para celebralo agasállanos con tres moi boas actuacións. 

En xullo do 2015 o Rif-Rock cumpre 16 anos. Dende aquel 2 de xullo de 1999 no que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana. Será o Venres 10 e o Sábado 11 de Xullo, e coma sempre, cun par de propostas en directo. Igual que nos últimos anos seguimos coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra das que xa consideramos da casa. E logo a música seguirá dende a cabina:
Aquí tedes o programa completo que temos preparado para celebralo.

-Venres 10 de xullo 
LITTLE JUICE en directo dende as 23:45h.
+ sesión de Marinocha & Comomepós.

-Sábado 10 de xullo 
THE SHARKNADOOS en directo dende as 23:45h.
+ sesión de PauPau-a-GoGó!.



Máis Info



24 de septiembre de 2014

THE EVEN FLOW EXPERIENCE!! NO RIF ROCK ESTE SÁBADO





O RIF-ROCK convídanos a o concerto deste sábado na sua páxina de facebook:
Xa tocaba retoma-la música en directo despois do verán.
E ademáis vai a ser un deses shows que nos encanta anunciar:
THE EVEN FLOW EXPERIENCE!!
O Sábado 27 de setembro, dende as 23:30h. 

Victor Karallada e Manolo Serantes, que durante moito tempo formaron a banda residente do noso local, e volven 5 anos depois do seu último concerto recuperan o seu proxecto acústico no Rif-Rock.
Qué ganas de volver a velos!!
E para continua-la noite, seguirá KURCO SoundSystem dende a cabina. 
Un plan perfecto para remata-lo mes!!







8 de julio de 2014

15 ANIVERSARIO DO RIF ROCK






En xullo cumpre 15 anos o Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que nos teñen preparado para celebralo.

Venres 11 Xullo
NORTHERN LIGHTS
en concerto dende as 23:30h.
+ sesións de KURCO & MARINOCHA!!

Sábado 12 Xullo
BREAKIN' BONES
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de MICHI CALAMBRES!!.

A comezos de xullo do 2014 o Rif-Rock cumpre 15 anos, dende aquel 1999 que abriron as portas. Para celebralo con todos, esto é o que nos teñen preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana, o venres 11 e o sábado 12 de Xullo, coma sempre con varias propostas de música en directo e as súas correspondentes sesións.

15º ANIVERSARIO do RIF-ROCK!!


O Venres 11 vos presentamos en directo ós NORTHERN LIGHTS. Unha nova banda surxida da banda de surf 4 Waves, cunha nova proposta, cun formato de dúo acústico, e que se lanzan a facer os seus propios temas. Non vos perdades a súa estrea mundial.
E despois co concerto teremos ós dous máis habituais na nosa cabina: Marinocha & Kurco SoundSystem!! Non sei que máis lle podedes pedir a un venres!!

E o Sábado 12, noite por todo o alto, coa mellor banda de psychobilly do pais. Volven ós BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! Para nós é todo un luxo que unha das nosas bandas favoritas estén nesta data tan sinalada. Si xa os coñecedes repetides seguro, e se vos falaron do seu show, seguro que non vo-lo perdedes.
Para redondear a noite o noso gurú Michi Calambres tomará os mandos da nosa cabina, para outra das súas espectaculares sesións.

Non vo-lo perdades! Promete ser un fin de semana bestial!!
http://rifrockerz.blogspot.com.es/

 Info+imaxes: RIF-ROCK

18 de junio de 2014

SHARKNADOS EN CONCERTO NO RIF ROCK





O Sábado 21 actuarán no Rif Rock de Cambados THE SHARKNADOOS en concerto, en formato acústico, con David Falcón e Rubén Iglesias ás cordas, e Andrea Area na voz.
Coma sempre con entrada libre, e dende as 23:30h. 
Non vo-lo perdades!!

18 de diciembre de 2013

DAVID FALCON O SÁBADO NO RIF





          A dose de música en directo deste mes será o sábado 21 de 

              decembro, con David Falcón como protagonista e algunha 

                        sorpresa máis que xa está preparando. 

                Sábado 21 dende as 23:30h. e con entrada libre coma 

                 sempre... Non vos perdades o último concerto do ano!

                     Máis info:   http://rifrockerz.blogspot.com.es/ 
  







20 de agosto de 2013

DAVID R. VALEIRAS NO RIF ROCK O VENRES 23







O Venres 23 teremos en directo no RIF ROCK ó ourensán DAVID R. VALEIRAS,  por suposto da man de Comomepos Produccións, a nosa cacharrería cultural favorita!!

"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por ver...). De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. I é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Retorcido, incisivo e divertido. Se estivéchedes no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non vo-lo perdades!!

E por se fora pouco, ó remate do concerto, o productor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!


Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.

E o Sábado 24 o debut de CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, como convidado de luxo dunha nova entrega da serie "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
Máis info en: http://rifrockerz.blogspot.com.es/