Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta REIS MAGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REIS MAGOS. Mostrar todas las entradas

5 de enero de 2019

OS REIS MAGOS XA CHEGARON AO SALNÉS



Os Reis Magos xa andan polas nosas rúas. Hai uns momentos fixeron acto de presenza por varios municipios da Comarca do Salnés. Visitarán os concellos en Cambados están desde as 11:30 horas.

Pero será cando esta tarde sairán nas tradicionais cabalgatas para percorrer as ruas e praxas dos nosos pobos.

En Cambados este ano hai pequenos trocos que afectan ao recorrido.

Tradicionalmente saían desde a Praza de Fefiñáns e concluían na praza do Conncello. Este ano no canto de saír de Fefiñáns, ás cinco da tarde, sairán desde a escalinata de San Tomé.
Trala visita que os Reis Magos farán un ano máis aos residentes do asilo. Desde alí e pasando por a avenida de Galicia, Plaza do Concello, avenida de Vilariño e avenida de Madrid chegarán a praza de Fefiñáns, onde está instalado un palco para que os Magos de Oriente reciban aos máis pequenos. Este ano pasearán por Cambados en carrozas inspiradas en personaxes de Disney como o Rey León, Blancanieves e Peter Pan. Como en anos anteriores estarán acompañados por unha carroza da asociación Volandeira, a Banda de Música de Castrelo e grupos de gaitas locais.


Horarios de saída das Cabalgatas

Vilagarcía- Desde as 4:30 da tarde e tras unha parada no Asilo sairán coma sempre desde o Auditorio.

Vilanova- Percorrido en autobús polas parroquias e as 8 da tarde recibirán aos pequenos no Multiusos

O Grove- Saída as 18:00 horas desde o Colexio Valle-Inclán ata o Corgo

A Illa- As 5 da tarde desde a Casa do Mar

Ribadumia- Sairá as 4 desde o Auditoria e percorre as parroquias



5 de enero de 2017

OS REIS MAGOS VISITAN O ASILO DE CAMBADOS










Os Reis Magos non se limitan só ás cabalgatas para desfrute dos máis pequenos, esta mañá as súas maxestades de Oriente visitaron os maiores no asilo de San Tomé en Cambados, despois de percorrer as rúas do noso povo.

Melchor Gaspar e Baltasar chegaron un pouco antes hoxe a Cambados e trouxeron ilusión e algún que outro regalo os anciáns do Asilo de San Tomé. 
A xa tradicional visita e moi agradecida polos residentes xa ue como din eles a ilusión non é exclusiva dos máis pequenos.
Calquera cousa e benvida, un sorriso, uns caramelos ou outros detalles.
Mañá como en tantos outros lugares os maiores deste Asilo de Cambados desfrutaran dos seus regaliños procedentes de Oriente.


Vídeo do momento

Despois desta visita as suas Maxestades trasladáronse ata o Concello para recibir as últimas peticións dos máis cativos


Fonte: TVG








5 de enero de 2013

A CABALGATA DE CAMBADOS FAISE PESADA






Coma todos os anos o Concello de Cambados organiza a Cabalgata de Reis cada 5 de xaneiro e como cada ano hai cousas que non varían.
Algo que non varía e o recorrido, bueno eso variou fai uns anos cando polo tamaño das carrozas houbo que desplazar a cabalgata pola avenida de Madrid cando sempre ía pola rúa Príncipe.

A saída será dende a Praza de Fefiñáns dirección avenida de Madrid para logo baixar pola av. de Vilariño pasando por diante do Concello e logo coller ata a escalinata de San Tomé pola av. de Galicia e Catro Camiños, eiquí hai tamén un pequeño troco. No asilo farán a longa parada que desespera a os cativos e a os pais, sobre todo se chove ou vai frio, algo normal nestas datas.
Trala visita dos Reis a o asilo dirixirase a comitiva cara a Praza do Concello para que os pequenos poidan estar uns intres coas suas Maxestades.

Dende CORES DE CAMBADOS propoñemos que se varíe o itinerario para facer a cabalgata menos pesada. Esta sairía dende a escalinata de San Tomé despois de que os Reis xa fixeran a visita a os anciáns do asilo e así os rapaces non terían que agardar tanto tempo nesa parada. Despois dirixiríanse ata Fefiñáns pasando por Catro Camiños, avenida de Galicia, praza do Concello e dende alí poderáse ir por beiramar e av. Da Coruña ou ben pola av. De Galicia, av de Madrid e o retorno cara o Concello pola ruta diferente a de ida.
Pensamos que sería máis amena, recorrería máis rúas e non habería paradas que o único que fan e aburrir a xente. Outra variante sería que os Reis recibiran a os cativos na Praza de Fefiñáns, un lugar moito máis amplo que a Praza do Concello e non voltar ata alí.