CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
21 de noviembre de 2019
UNICEF DESTACA A CAMBADOS COMO UNHA DAS CIDADES AMIGAS DA INFANCIA
"Cidades Amigas da Infancia en Galicia", destacou Unicef, iluminarán de azul os seus monumentos "máis emblemáticos" para celebrar o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno ( CDN), este 20 de novembro, e "visibilizar os logros e os desafíos aos que se enfronta a infancia". Así o destacou Unicef nun comunicado, no que indica que o Concello de Ourense iluminará a Ponte Romana; o de Castrelo de Miño, os pantaláns do seu encoro; e os concellos do Porriño, Cabanas, Carnota, Moeche, e Tomiño, as fachadas das súas casas dos concellos. Outras administracións públicas, como a Xunta de Galicia e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, quixeron sumarse tamén a esta iniciativa e iluminarán de azul as súas fachadas principais. No caso de Vigo, o Concello tinguirá de azul as fontes da rúa Aragón. Mentres, os concellos de Boqueixón e Cambados quixeron sumarse tamén a esta iniciativa. Nalgúns casos, ademais da iluminación, proxectarase o logo do 30 Aniversario da CDN e vídeo mupi con imaxes de nenas e nenos, como é o caso da Deputación de Pontevedra, concretaron as mesmas fontes. "Desde que se aprobou a CDN hai 30 anos producíronse avances históricos para os nenos e nenas do mundo. Con todo, moitos dos nenos máis pobres aínda non notaron os seus efectos, segundo un novo informe titulado A Convención sobre os Dereitos do Neno nunha encrucillada", destacou Unicef. O documento, que forma parte da celebración do 30 aniversario da CDN, "examina os innegables logros que se produciron durante as tres últimas décadas, que demostran que a vontade e a determinación políticas teñen o poder de mellorar as vidas dos nenos", engadiu. "Ademais dos desafíos persistentes que afrontan en materia de saúde, nutrición e educación, os nenos de hoxe en día teñen que facer fronte a novas ameazas como o cambio climático, o abuso en liña e o ciberacoso. Só coa innovación, as novas tecnoloxías, a vontade política e o aumento dos recursos axudaremos a facer realidade a visión da Convención sobre os Dereitos do Neno para todos os nenos do mundo", manifestou a directora executiva de Unicef, Henrietta Fore.
ESTUDANTES DO ASOREY ABORDAN A DESIGUALDADE NO ÁMBITO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO
O alumnado de dous centros das provincias da Coruña e Pontevedra, o IES Francisco Aguiar, de Betanzos, e Francisco Asorey, de Cambados, abordaron onte mércores, nunha visita á Delegación do Goberno en Galicia, a desigualdade no ámbito científico e tecnolóxico. Segundo informa a Delegación do Goberno, máis dun centenar de estudantes continuaron o programa de visitas á exposición 'As mozas somos guerreiras... e tamén enxeñeiras e científicas, tecnólogas, matemáticas...', que está aberta ata o próximo 29 de novembro. Guiados pola responsable da área de Igualdade da Delegación, María Debén, e a director da área da Alta Inspección de Educación, Manuel Regueiro; o alumnado compartiu o contido da mostra do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Nela, lémbrase que as mulleres "representan apenas ao 30% do alumnado nas carreiras universitarias dos ámbitos científicos e técnicos", remarca a Delegación do Goberno, que lembra que o obxectivo foi concienciar aos estudantes "da importancia de alcanzar cotas máis altas de igualdade e o feito de que a educación pode ser unha vía para iso". Esta visita forma parte das actividades programadas pola Delegación do Goberno, en colaboración co Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.
23 de septiembre de 2019
O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS
Segundo a Federación Mundial de Xordos, existen aproximadamente 72 millóns de persoas xordas en todo o mundo. Máis do 80 por cento vive en países en desenvolvemento e como colectivo, utilizan máis de 300 diferentes linguas de signos. As linguas de signos son idiomas naturais para todos os efectos, estruturalmente distintos das linguas faladas. Existe tamén unha linguaxe de signos internacional que é o que utilizan as persoas xordas en reunións internacionais e, de xeito informal, cando viaxan e socializan.6 de agosto de 2019
21 ENTIDADES SOCIAIS RECIBIRÁN AXUDAS DA DEPUTACIÓN PARA IGUALDADE E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
22 de julio de 2019
QUERE SER VOLUNTARIO/A NO PUNTO MORADO DURANTE O ALBARIÑO?
"Queres participar no voluntariado do punto morado nesta próxima festa do albariño?
Se eres home ou muller, dispós ainda que sexa dunhas horas durante a duración da festa , a túa axuda é necesaria!
Tan só tes que asistir a unha formación do protocolo de prevención de agresións que ten unha duración de 4 h nunha soa sesión.
Faremos a primeira formación o venres 26 xullo de 9:30 h a 13:30h e se non podes venres o próximo luns 29 xullo a segunda formación en horario de tarde 17h -21h
As inscricións:
Envia un mail a: igualdade@cambados.es
telf/whatsapp 682660580"
30 de mayo de 2019
ACTIVIDADES PARA XÓVENES E ASOCIACIÓNS DE MULLERES
Onte os tres centros de ensinanza secundaria, bacharelato e FP de Cambados recibiron a Campaña NON ME TOQUES O WHATSAPP!!
Programa de sensibilización do ministerio do interior dentro do pacto de estado contra a violencia de xénero e a Xunta de Galicia.Dirixida a asociacións de mulleres do concello de Cambados e organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Cambados
2 de mayo de 2019
MAIO E XUÑO MESES DA IGUALDADE EN CAMBADOS
Programa Cambados en Igualdade, en maio e xuño de 2019:
– 13 de maio: Mesa xuvenil contra a violencia de xénero. Ás 18:00 no salón de plenos
– 15 e 22 de maio: campaña contra a violencia de xénero: ¿onde está a niña media laranxa?
-Material de sensibilización contra a violencia de xénero nos centros de ensinanza secundaria
– Formación en materia de empoderamento feminino e autoestima a asociacións de mulleres de Cambados
– 21 de maio: Difusión da campaña “non me toques o whatsapp!” Prevención da violencia de xénero a través das TICs
– 24 de maio: Taller de xogos e xoguetes en igualdade. De 17 a 19 h no salón de actos de Exposalnés
– 28 e 29 de maio: Obradoiro de empoderamento feminino. De 17 a 21 h no salón de actos de Exposalnés
– 31 de maio: Comunicación e publicidade efectiva nas vendas (RRSS e marketing dixital). De 16 a 21 h no salón de actos de Exposalnés
– 3 e 4 de xuño: Como mellorar as túas vendas. Comunicación non verbal, peche de vendas, TICs
– 13 de xuño: Mesa de igualdade no mundo do viño. De 18 a 20:30 h no salón de actos de Exposalnés
– 18 de xuño: Programa de sensibilización dirixido a educación primaria a través das redes sociais “eu de maior quero ser…”
– Actividades de educación en maio e xuño: formación en centros de educación secundaria “Formación en diversidade”
Inscricións e información en: igualdade@cambados.es ou no teléfono 682660580
7 de marzo de 2019
MAÑÁN ANDAINA DO COLECTIVO FEMINISTA "A NAICIÑA"
Mañán venres 8 de Marzo a partires dás 19:00 e desde a Escalinata de Santomé, celebrarase a primeira Andaina do Colectivo A Naiciña na que colabora o Concello de Cambados con motivo do Día Internacional da Muller.
Esta é tamén a primeira andaina reivindicativa que se celebra polo centro de Cambados.
As mulleres e homes que fagan a andaina estarán compañadas de música de batuka. E o chegar a escultura da Naiciña os nenos de Xironsa recibiránnos ao son do himno galego.
Previamente, 6 da tarde ensaiarán no Salón Peña as letras que acompañarán ás mulleres cambadesas, e ao que pode asistir quen o desexe.
4 de marzo de 2019
ACTOS DA SEMANA DA MULLER EN CAMBADOS
21 de febrero de 2019
MANIFESTO DO COLECTIVO FEMINISTA "A NAICIÑA"
Entenden, estas mulleres, que o feminismo é unha realidade imposible de abranguer. Elas mesmas son conscientes de que cada unha individualmente é diferente ás demáis, por iso mesmo para sumar todo o que poidan, decidiron a partir desde o máis de explicar, "o feminismo é liberador, para tod@s. Trátase de buscar igualdade de dereitos, de educar nesa igualdade, de aliarse entre as mulleres e tamén cos homes. O importante non é de onde vimos ou o xénero o importante é chegar co afecto a reinvindicar un feminismo en positivo.
Este foi o mínimo no que se puxeron de acordo.
Por iso invitan á súa segunda xuntanza e primeira asemblea aberta en Exposalnés o vindeiro dia 1 de marzo ás seis da tarde.
15 de noviembre de 2018
O CONCELLO DE CAMBADOS CONVIDA A SUMARSE Á CAMPAÑA 25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Por este motivo o Concello convida a todos a sumarse a esta campaña. Á cidadanía, institucións e establecementos comerciais -pois queren implicar a todo o pobo nesta loita- colocando un cartel en sinal de repulsa da violencia machista que se poderá recoller na alcaldía do concello desde hoxe mesmo (1 por establecemento) ata esgotar existencias.14 de noviembre de 2018
CAFÉ COLOQUIO: MULLERES DIVERSAS!
13 de noviembre de 2018
ACTIVIDADES DE IGUALDADE EN NOVEMBRO E DECEMBRO
- Lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero
- Formación nos centros educativos de Cambados
- Charla informativa sobre a devolución do IRPF de Maternidade e Paternidade
- Charla formativa dirixida a pais e nais de adolescentes:
- Lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero
- Café coloquio: Mulleres diversas
- Formación nos centros educativos
- Xornada sobre resolución de conflictos na familia e na parella
12 de noviembre de 2018
A MANCOMUNIDADE ESTUDA CREAR UN PUNTO DE ENCONTRO DE INTERCAMBIO FAMILIAR E ACTIVIDADES DO CIM DO SALNÉS CARA O 25N
A Mancomunidade do Salnés levará ó seu vindeiro pleno a proposta da Asociación ESMAR a creación dun punto de encontro familiar na comarca.
A petición vai ser tratada no vindeiro pleno da Mancomunidade. ESMAR, leva tempo percorrendo as distintas localidades da comarca na procura de apoios para instar á Xunta a creación deste servizo. A Mancomunidade apoia esta petición e si o goberno galego descarta crear ese punto, será esta entidade a que cree un punto de intercambio familiar. Actualmente, o “Punto de Encontro” máis próximo para as familias do Salnés está en Pontevedra i encóntrase saturado. Segundo Gonzalo Durán, trátase de prestar un servizo que evite prexuízos ós menores.
O asunto será estudado polos especialistas da Mancomunidade e a pesares de ser algo complexo, agardan atopar a solución, tal como demostra o historial de traballo do ente comarcal noutros retos, como por exemplo a creación do CIM do Salnés.
Pola súa banda o CIM do Salnés ten preparado un amplo programa en conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero 25N.
Serán numerosas actividades en materia de igualdade e contra a violencia de xénero que se desenvolverán ao longo de novembro e decembro.
Iniciativas como formación nos centros educativos de Cambados, Meis, Ribadumia e Vilanova de Arousa, coa proxección de curtametraxes nos Institutos de Secundaria e FP, cursos de Defensa Persoal, charlas informativas sobre a devolucion do IRPF de Maternidade e Paternidade ou sobre a Prevención da sextorsión e ciberviolencia de xénero na adolescecia.
Tamén se inclue a Lectura do Manifesto o propio 25 N, o Simposio itinerante Móstrate Salnés, este ano en Vilanova, e un Curso de Redes Sociais para mulleres emprendedoras.
Así o explicaba esta mañá a ténica do CIM, Mónica Novas, na presentación das actividades, acompañada do presidente e o xerente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán e Ramón Guinarte, respectivamente, así como da concelleira de Ribadumia, Mar Muimenta.
Máis info: Arousa Sí Radio Salnés
29 de octubre de 2018
A DEPUTACIÓN COMPROMÉTESE A VISIBILIZAR AS MULLERES CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NOS ACTOS DE IGUALDADE
A Presidenta denunciou no III Encontro Provincial pola Inclusión a necesidade de garantir o seu acceso ao mercado laboral e a accesibilidade universal
A Presidenta tamén se referiu ao emprego. Silva lembrou que "na provincia de Pontevedra hai preto de 85.000 persoas con algún tipo de diversidade funcional recoñecida", sendo "a provincia galega cunha maior porcentaxe de persoas con diversidade funcional, cun 9% fronte ao 8,3% de Ourense, o 8,2% da Coruña e o 6,3% de Lugo". Desas persoas, algo máis do 35% son activas para o mercado laboral, pero "a taxa de emprego sitúase no 25% no Estado e no 21% en Galicia", denunciou. Ademais, no que se refire á diversidade funcional intelectual, os datos amosan que das 92.000 mulleres que padecen algún tipo "20.000 están preparadas para traballar e só 6.000 están ocupadas, é dicir, só o 6% delas". Ademais, "este dato fala moi particularmente da desigualdade, porque no caso dos homes esta mesma cifra se sitúa arredor do 12%".9 de octubre de 2018
O SERVIZO DE IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN ESTE MÉRCORES CONTRA OS ATAQUES MACHISTAS
O acto de protesta terá lugar na cidade de Pontevedra as 20.00 h no encontro das rúas Daniel de Sota coa Peregrina.
8 de octubre de 2018
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DENUNCIARÁ AO ALCALDE DE VILANOVA POR INCITACIÓN AO ODIO
Os servizos xurídicos da Deputación de Pontevedra presentarán nos tribunais de Xustiza unha denuncia "fronte aos ataques machistas, ás inxurias e ás calumnias", pero tamén "fronte á posible incitación ao odio" que, a xuízo do goberno provincial, supoñen as declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán nas que dixo que a presidenta da administración provincial, Carmela Silva, era a " chacha para todo" do "ancián" alcalde de Vigo, Abel Caballero. Este luns compareceu en rolda de prensa o portavoz do goberno da Deputación de Pontevedra (PSOE+BNG) Carlos López Font que anunciou que os servizos xurídicos da Deputación de Pontevedra traballan xa na redacción dunha denuncia contra este alcalde do Partido Popular. Ademais de condenar as manifestacións do rexedor vilanovés e solicitar a súa dimisión, López Font instou aos cargos da Xunta de Galicia e do Partido Popular a pronunciarse e condenar este tipo de actitudes "de tal gravidade que non se trata dunha defensa da persoa", neste caso da presidenta da Deputación, senón de "saír con valentía" ante un "ataque á dignidade de todas as mulleres".
O portavoz do goberno provincial tamén anunciou que a presidenta da Deputación "non se vai a volver referir a este señor". López Font asegurou que, como goberno da Deputación, "no que temos a bandeira da igualdade desde o minuto uno", teñen o "deber político" de poñerse de fronte a todos aqueles que utilicen "comportamentos e unha linguaxe machista contra as mulleres", cualificando de "linguaxe bélica" o que utilizou o Gonzalo Durán. "Non imos consentir estes ataques machistas, clasistas e fascistas; e moito menos en voz daqueles que ostentan cargos públicos e que estes ataques poidan quedar impunes", destacou o portavoz do goberno provincial. Este deputado lembrou que no caso concreto do alcalde de Vilanova de Arousa "reitérase neste tipo de comportamentos" con "insultos á presidenta da Deputación de Pontevedra única e exclusivamente polo feito de ser muller". Neste sentido, lembrou que esas declaracións realizáronse o venres "e reafirmáronse o domingo" polo que López Font dixo que "non podemos entender" como o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, "aínda non saíron a condenar este comportamento do seu alcalde en Vilanova".
2 de octubre de 2018
SETE CONCELLOS DO SALNÉS ACOLLEN ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN, CONECTADAS
32 concellos da provincia acollen esta semana novas accións formativas do programa "Conectadas 2018"
13 de septiembre de 2018
A EXPOSICIÓN “SORRISOS TRANSFORMADORES” CHEGA AO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
4 de mayo de 2018
PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “ 100 ANOS DE FEMINISMO PACIFISTA”
- Fátima Abal fixo fincapé en que gracias a Cambadesas como Mari Carmen Durán, as mulleres cada vez son mais visibles no mundo
- A exposición inaugurarase no Salón de plenos do Concello este vindeiro luns día 7 de maio, e estará para o desfrute dos veciños e veciñas e todos aqueles que queiran coñecer a historia da loita das mulleres pola Paz e a igualdade a través de esta asociación WILPF durante os próximos 15 días.
No día de hoxe Fátima Abal, acompañada por Ana Pérez (responsable de igualdade no concello) e Mari Carmen Durán unha das fundadoras de WILPF ESPAÑA, presentaron aos medios o que vai ser unha exposición formada por 20 despregables onde se pode ver a loita realizada por grandes mulleres desde hai máis de 100 anos comezando esta loita no mes de abril de 1915 cando varias mulleres de renome da época presentáronse na Haya para reivindicar os seus dereitos e que se contase con elas para a toma de decisións importantes.






















