Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta G.DURÁN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta G.DURÁN. Mostrar todas las entradas

18 de noviembre de 2019

O CAUDILLO DO SALNÉS TEN ABANDONADA A MANCOMUNIDADE

Tres meses xa e o alcalde de Vilanova segue sin convocar o pleno de constitución da Mancomunidade.
Gonzalo Durán  baseaba a sua decisión nun informe da secretaria da Mancomunidade en base a os dous recursos interpostos contra a elección dos vogais de Meaño. Parecía prudente agardar a que o xulgado tomase a decisión sobre as medidas cautelares que solicitaban os demandantes.
Baixo aquel informe sirveuse para non convocar o pleno. Semanas despois tanto a sala 2 como a 3 do contencioso administrativo de Pontevedra botaron por terra os seus argumentos.
Para colmo hai tres semanas, un novo informe, tamén da secretaria comarcal, desbota as razóns para manter o pleno sen convocar. O novo informe empraza ao presidente en funcións a convocar a sesión constitutiva. E ademais establece cal debe ser a orde do día. Formación da mesa de idade, toma de posesión dos membros da xunta da Mancomunidade do Salnés e elección do seu presidente e vicepresidente, coas súas respectivas tomas de posesión.
Durán fai caso dos informes que lle son favorables a perpetuarse nun cargo que non lle pertence pois de constituirse o pleno na lista de candidatos Gonzalo Durán non aparece. Marta Giráldez polo PSOE ou Telmo Martín polo PP son as persoas designadas, en principio, polos seus partidos para presidir o ente supramunicipal.
O pasado xoves os alcaldes de a Illa e Vilagarcía e a alcaldesa de Meis instaron ao seu homónimo de Vilanova a constituir dunha vez por todas o pleno para que a Mancomunidade empeza a traballar. A todo esto o rexedor vilanovés non comunicou a ninguén este último informe da Secretaria que non lle é favorable.
Nestes momentos quedan pendiente de aprobar a Conta Xeral deste órgano, e outros asuntos pendentes que non poden tratarse porque Durán segue evitando a convocatoria dos órganos de goberno do ente. Mesmo poderían perderse subvencións por non adoptarse os acordos para solicitalas. Tamén hai que lembrse que hai persoas no pleno da Mancomunidade sen acta de concelleiro, polo que se estarían a incumprir os estatutos que din que deben ser edís.
O grupo parlamentario socialista presentará unha pregunta dirixida ao vicepresidente da Xunta de Galicia, para coñecer se comparte a postura de Durán e se o PP tampouco quere a continuidade da Mancomunidade do Salnés.

O Caudillo do Salnés adícase a atacar a todo aquel que non sexa da sua corda, sexan do seu partido ou non. E mentras tanto Gonzalo Durán desaparece e mantén o seu concello e a Mancomunidade no abandono.




3 de febrero de 2014

GONZALO DURÁN USA A MANCOMUNIDADE PARA POTENCIAR O SEU CONCELLO?






Que os escolares coñezan a historia de Lobeira e como foi a antiga fortaleza e positivo. Este é obxectivo que se marcou a Mancomunidade do Salnés coa edición de 1.500 carteis que repartirán polos concellos da comarca. Recuperar este vestixio arqueolóxico segue entre as prioridades da entidade, e niso está a traballar coa Deputación de Pontevedra. Agardan que no verán xa se poidan ver cando menos as bases das murallas do castelo e potencialo como atractivo turístico.
Pero acaso non sería mellor acercalos e que vexan "in situ" este e outros atractivos da nosa comarca, menos coñecidos, doutro xeito. Cecáis a publicación dunha guía con todos os puntos de interese da comarca incluíndo como non, eses pequenos e decoñecidos tesouros. 

Con de Sete Pias
Terá algo que ver que o presidente da Mancomunidade sexa tamén alcalde de Vilanova que é o concello onde se atopan os restos do castelo?.
Creemos que coma presidente da Mancomunidade debería buscar o ben de todos os concellos que a integran. Non só o de Vilanova.
Porque non pon ese empeño con outros bens a ter en conta esquecidos e abandonados que se reparten pola comarca?
A comunidade de Montes de Lobeira vén de 
remitir á Mancomunidade unha serie de correccións ó convenio proposto pola Deputación de Pontevedra para sacar á luz os restos da antiga fortaleza. O ente comarcal xa transmitiu estas modificacións ó provincial e agardan que en breve se dispoña do permiso para empezar cos traballos arqueolóxicos. Convencidos dese interese turístico, desde a Mancomunidade confían en que nos vindeiros meses se lle dea un pulo a esas investigacións arqueolóxicas, para no verán poder ver xa algúns dos restos, e aproveitar o paso da Volta ciclista a España para sacarlle partido promocional. Dalo a coñecer ós visitantes, pero tamén, e sobre todo, ós veciños da comarca. De aí que, baseándose na reprodución en 3D que realizaron sobre o edificio, elaboraran unhas láminas coa reconstrución do castelo que distribuirán entre os centros educativos da comarca.



4 de diciembre de 2013

OS PRESUPOSTOS DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS AUMENTAN O 5%







A Mancomunidade do Salnés aprobará mañá en pleno o orzamento previsto para o vindeiro ano que ascende a 2.450.000 euros, á falla de incluír as achegas doutras administracións para investimentos. Segundo esta previsión a Mancomunidade disporá dun 5 % máis para desenvolver os servicios conxuntos dos Concellos do Salnés. A Mancomunidade do Salnés presume de solvencia económica e de ser das mancomunidades que menos déficit ten.      

O seu presidente Gonzalo Durán decíao hoxe na presentación do orzamento previsto para o vindeiro ano 2014. Con estes cartos, o ente comarcal seguirá apostando pola promoción do emprego,a prestación de servicios comúns ós Concellos da comarca, facer fincapé na promoción do Salnés como destino turístico e no comercio exterior, amais da prestación dos servicios básicos actuais como é o subministro de auga con maior eficiencia. 
 
 Nesta previsión económica non se inclúen as achegas que se farán desde outras administracións para inversións e que, por lei, non poden estar reflectidas neste documento. Agárdase que con elas o incremento do orzamento supera o 5 % do exercicio anterior. 

Neste apartado de inversións salientan o proxecto de Dinamización de Áreas Rurais, o último pago dos terreos da EDAR de Ribadumia, proxectos a cargo do Fondo de Compensación Ambiental e outros de aforro enerxético á cargo do INEGA, como pode ser a remuda das bombas de propulsión de auga no Monte Treviscoso. Asemade continuarase ca prestación de servicios mancomunados exitosos nestes últimos tempos como é o Centro Comarcal de Información á Muller ou os servicios de bacheo, motoniveladora e limpeza de beirarrúas.


25 de octubre de 2013

VIAXES "MANC. SALNES" BUSCANDO O MELLOR DESTINO





O presidente da Mancomunidade do Salnés  Gonzalo Durán anunciou que a vindeira semana unha comitiva chegada dende México visitará a comarca. A intención é establecer vínculos comerciais co país centroamericano.

O alcalde da cidade mexicana de Aguas Calientes, Antonio Martín del Campo, visitará a semana próxima o Salnés. Unha viaxe que é posible grazas a existencia nese país de empresarios emigrantes de orixe galega que viron a posibilidade e o interese de establecer por ambas partes vínculos comerciais. Aguas Calientes pasa por ser un dos centros industriais máis importantes de México, unha das cidades que máis medra do país azteca e pode representar unha oportunidade de negocio importante, tanto para exportar como para importar. A visita organizada pola Mancomunidade do Salnés, terá lugar durante a vindeira semana. Gonzalo Durán indicou que a axenda aínda non está pechada pero que con case total seguridade manterán reunións co presidnte da Deputación, Rafael Louzán ou con Juan Gil, da DO Rías Baixas, entre outros.

O que dixo Gonzalo Durán e algúns xornais obvian é que esta programa inclúe a devolución de visita a México de representantes económicos e incluso políticos da nosa comarca. Polo de agora non trascenderon máis datos pero previsiblemente se apunte máis xente da que as arcas dos nosos Concellos se poden permitir. Que vaian os empresarios está ben pero cun representante da Mancomunidade debería bastar.