Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta E. BAAMONDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E. BAAMONDE. Mostrar todas las entradas

24 de noviembre de 2017

EDUARDO BAAMONDE, PRIMEIRO PREMIO DO «IX CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN»










A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu na tarde deste xoves a entrega dos premios do “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O acto comezou ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, donde permaneceron expostas nos últimos días as obras presentadas a esta edición do certame, un total de oitenta e dúas, xunto con outras premiadas en anteriores edicións.
O primeiro premio concedido polo xurado foi para Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados, pola súa obra “Faro Quastolone”, polo que percibirá 1.500 euros e que pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón, ao igual que as que obtiveron o segundo e o terceiro premio, tal e como se estipula nas bases. O autor da obra gañadora terá ademais dereito a unha exposición dos seus traballos durante quince días no Pazo da Cultura e o seu cadro, “Faro Quastolone” ilustrará o cartel da vindeira edición deste certame, tal e como recordou Ferreiro.
O segundo premio foi para Manuel Carballeira Rivas, de Valdoviño, pola obra “Espera”, e está dotado con 750 euros, e o terceiro para Manuel Ángel Serantes, de Ponferrada, pola obra “Fluvial”, dotado con 400 euros. Así mesmo, o xurado concedeu o Premio Especial Francisco Criado a Alejandro Galán Vázquez, de Sevilla, pola súa obra “Bodegón”. Este premio especial está dotado con 200 eu ros.
O xurado estivo integrado este ano por Raúl Gil, gañador da edición do ano 2016 deste certame e Pedro Taboada, director da páxina: www.pintoresgallegos.com, exercendo como presidente Xosé Luís Loureiro, pintor asentado no Concello de Narón.
A alcaldesa de Narón destacou o elevado número de obras presentadas a este certame, agradecendo aos participantes do mesmo o seu respaldo ao mesmo, “porque grazas a todas e todos vós mantense cada ano intacta a ilusión por organizar este concurso de pintura”. Así mesmo, Ferreiro tivo palabras de agradecemento para a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao de Narón, donde se orixinou este certame que, co paso do tempo, ao aumentar o número de participantes, se trasladou ao Pazo para poder conservar e expoñer nas mellores condicións posibles as obras presentadas.
Tras darse a coñecer o nome das persoas premiadas nesta edición do concurso a rexedora local felicitou persoalmente aos premiados que puideron asistir ao evento de hoxe polo traballo realizado, e tamén ao resto de persoas que presentaron as súas obras ás diferentes categorías, Infantil, Xuvenil e de Adultos. A alcaldesa animounos a participar na vindeira edición, recordando que o gañador deste ano, Eduardo Pérez, terá que esperar á de 2020, tal e como se indica nas bases.



3 de marzo de 2016

O PINTOR "CAMBADES" EDUARDO BAAMONDE ACADA O PREMIO ERNESTO GODAY





O cadro de Eduardo Baamonde, pintor afincado en Cambados, titulado “Porto Meloxo” foi elixido como gañador do III Concurso Ernesto Goday de pintura de O Grove. Os membros do xurado, reunidos onte mércores, destacaron a alta calidade dos participantes e quixeron, ademais, engadir tres mencións especiais que acompañarán ao primeiro premio. Trátase das obras "Praza de Arriba" de Carlos Álvarez Besada, "Mariscando" de Manuel Carballeira e "Porto do Grove" de José Miguel Besada.
Tódalas obras participantes estiveron expostas na Sala de Cunchas e Sala das Dornas do Concello dende hai máis dun mes. Os membros do xurado puideron así, ver todas e cada unha delas con detalle antes de emitir o seu fallo. A entrega do premio e das mencións especiais terá lugar o vindeiro venres, 4 de marzo, precisamente na Sala das Cunchas.
O certame deste ano sufriu certo retraso con respecto as últimas edicións anteriores,derivadas da ampla actividade cultural do concello que dificultou poder realizar a montaxe e presentación da mostra das obras participantes.
Para o ano 2016 celebrarase a IV edición deste premios que homenaxean a un dos artistas fundamentais da historia da Grove. Haberá unha revisión das bases, establecendo uns prazos concretos de exposición e fallo do xurado.