Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta DEBATE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEBATE. Mostrar todas las entradas

16 de diciembre de 2015

SÁNCHEZ VERSUS RAJOY (I)







                                   SÁNCHEZ VERSUS RAJOY (I)


Desde a perspectiva da idade lembro moitos cara a cara entre candidatos á Presidencia do Goberno pero ningún coma o de onte moderado por un dos grandes periodistas que hai en España, Manuel Campo Vidal, o mesmo que tivo arrestos para  lle soltar ao finado Manuel Fraga Iribarne unhas imaxes nos anos 80 onde aos rapaces do colexio de San Tomé lles preguntaban: Tí que queres ser de maior ? Eu Sito Miñanco dicían, e D. Manuel doente dixo: unha pena (...)

A entrada de Rajoy foi a propia dun Xefe de Estado de EE.UU, coa súa dona de ganchete e os asesores eses que leva tipo Mané Galiñanes ás costas. Chegou de seguido Pedro e as cousas hai que dicilas coma son,  xa levaba  un rictus na cara de que ou saes de aquí en brazos Pedro ou pola porta de atrás. Pos foi o primeiro, para cabreo dos Podemitas e dos Empresarios encabezados por Albert Rivera …  nin un segundo lle dou a Mariano El Corto (é lamentable que teñamos un Presidente así,  dixo a renglón pasado o meu compadre e Concelleiro de Finanzas Xurxo Charlín,  unha vez rematado o debate:  certo).


O primeiro bloque económico era o máis “sustancioso” e contra todo pronóstico Sánchez bateu ante a sorpresa xeralizada dos tertulianos da Cope e Onda Cero (escoitando aos teus inimigos, aos teus rivais, se aprende moito,  dicía Miguel de Unamuno),  cando proferíu o Presi que aquí non houbo rescate. As esperadas acusacións polo escándalo Bankia, a súa responsabilidade nomeando a Rodrigo Rato, a Bárcenas “living La Vida Loca en Baqueira Beret” foron caendo “coma lágrimas, en la lluvia” (Rutger Hauer - Rajoy preso dun estado propio da hibernación).  Non dixo nin mú, tíbiamente falou dos ERE de Andalucía, cando xa son 8 anos e a xente que a fixo xa non ten un cargo público e a reputación destrozada . Os números da troika lle sacaron as cores a Mariano, pola cantidade de “reparos” que levaron os Presupostos que arreglou saltándose os principios da boa fe e a transparencia (esa  mesma que practica o Alcalde de Compostela Martiño Noriega).






Era unha ametralladora Sánchez:  o do meu compadre Tino Chaves de lle chamar Madelman moi apropiado: o arsenal levaba as directrices que Nuria Galovart, a súa asesora de comunicación lle apuntou. Eso é saber delegar na xente que lle da a comunicación o valor que ten e despós deixar a dialéctica a un home que coma nos anteriores debates non se arredou ante naide, debates aos  que o Presidente do Goberno non se atreveu nin siquieira iren á primeira vez; na  segunda ocasión meteuse baixo as saias da Vicepresidenta, unha vergonza que un Xefe de Goberno non quera debatir con forzas que teñen representación Parlamentaria en Cataluña e Andalucía, un desplante e unha infamia.


“Cos cartos fixo coma a súa homóloga  Ángela Merkel” (dixo Sánchez):  donou a título lucrativo e oneroso ás grandes corporacións unha enchenta de cartos condenando ao Paro a millóns de Españois con titulacións Universitarias, deixando aos colexios en cadro sen mestres, e levando por diante un dos millores sectores sanitarios do Mundo, envexado no seu día ata por Barack Obama. Rajoy escoitaba impertérrito coma lle caían de tódolos lados namentras xogaba cuns recortes de papel,  post- it, ou non sei que eran ...eso non lle pasa nin ao queixo da manteiga …  non haberá gráficos, non haberá xeitos de amosar algún dato ?= Pos non levaba nada, recitou coma se unha Novena fora (a Patética de Beethoven debía ser, dicía Stalin que se a escoitaba outra vez non remataba á guerra) coma se non fora o futuro dos Españois o que estaba en xogo.



Pedro dixo moi gravemente as medidas a tomar en canto seña Presidente: fóra corruptos, fóra directrices que chegan desde fora, plans para os Universitarios para que entren no mercado laboral con tódolos dereitos, reforma laboral que acabe co maltrato ao que someteu desde o ano 2012 aos traballadores en España e o máis importante: unha Constitución que precisa se reformar de arriba abaixo, e que o PP nun feito que amosa a súa hipocresía, dixo non se toca para  Mariano dicir  SHI  tímidamente onte.


No intervalo e antes da entrada do segundo bloque algo pasou. Namentras os analistas alucinaban coa tibieza do Presi e o espídico de Sánchez (era o que tiña máis que perder, e foi a baterse cara a cara con Pablo e Albert anteriormente, o que da unha idea de que non é un cobarde te goste máis ou menos) houbo órdenes e algo raro pasou. Xuro que a día de hoxe non lin un só xornal, me estou adicando a dala miña opinión sen ningunha información que altere o que non é máis que un relato que reflicte a miña opinión,  e que está gravado para quen o queira rebatir, pero de aquí en diante   a traca comezou.


Voltou Pedro e tivo a valentía de lle soltar ao Presi que “as súas políticas son indecentes”, algo que o Presi que estaba en Una Galaxia muy, muy lejana entendeu que se refería a súa persona. Dixo claro “as súas políticas” … mi madriña  a que se montou: “Vostede me insultou, é un miserable, ruíz ( ruín quería dicir, estaba preso dos nervos) e desgradecido ...aquí reconozo quedei mudo. Na Cope “rezaban”  Anda   durmido  …  este Mariano no es el que conocemos, Sánchez le está llevando a su terreno, e coma si fora pouco cargou co que era o golpe definitivo, o que fixo das súas políticas algo indecente: mortos, nin máis nin menos ..unha lei de dependencia que cercenou, e cando non o fixo as axudas cando chegaban o personal xa estaba co Hacedor (para os que somos crentes, ou na Eternidade para os ateos, ou en calquera lado onde xa pouco ou nada se podía facer). Suprimiu Sr. Rajoy tamén as súas cotizacións, quitou a potestade que por lei lle pertencía aos Concellos para privatizar eses servizos coma fixo con todo aquelo que pudera resultar ventaxoso,  e regalou ás grandes Corporacións 10.000 millóns de euros. “Eso es mentira”, dicía unha e outra vez Rajoy sen rebatilo con datos, cifras, que lexislou máis que naide (os que preparamos unha oposición sabémolo ben, que bárbaro coma goberna a golpe de Decreto), para rematar dicindo o Candidato Socialista que non se pode gobernar  sen consenso, sen aceitar unha soa enmenda e saltándose as normas que están “consagradas” polo uso e Santificadas pola tradición, e hai que dialogar coa oposición, chegar a acordos, e esto foi un “Ordeno Y Mariano”.

 Entrou o terceiro bloque é o tema tabú  para a dereita: as mulleres, e coma están de maltratadas por mor dunhas leis que as malprotexen dos homes. Por qué unha muller ten que cobrar un 24 % menos que un home ¿ “me lo explique” (este debate era do século XX tamén, tes razón Tino Cordal, desde esas levamos así), que fixo con aquelas medidas que o Partido Socialista puxo en marcha para rematar coa violencia de xenero que son papel mollado pola falla de EDUCACIÓN, SÍ,  esa que non lle da ningunha importancia o seu partido ¿ que fixo cos Xulgados de Violencia contra a Muller,  deixalos sen medios segundo o que reflicten os medios, manca fineza.  Ten, Sr. Rajoy, o PP unha coleición de Alcaldes que lle levan faltado ao respecto as mulleres e aínda  están aí … “pido desculpas” e xa está, aquí paz e despós gloria. Se hai unha muller que se considere coma tal e vota a éstes especímenes propios do Pleistoceno e que eu xa non entendo nada. Todo o negaba pola tanxente o Presi,  tentaba saír polos Cerros de Úbeda, pero a estas alturas (e ainda restaba unha hora de debate)  xa o tiña perdido, estaba noqueado.


Fin da primeira parte.

UN ARTIGO DE Óscar Manuel Núñez.-








13 de mayo de 2015

SOMOS CAMBADOS PROPÓN A CELEBRACIÓN DUN DEBATE A 5






SOMOS CAMBADOS propón a celebración dun debate no Salón de Peña ou no Auditorio coa participación dos candidatos das 5 opcións políticas que se presentan ás eleccións municipais do 24 M.

Para SOMOS CAMBADOS os debates públicos son un elemento esencial para promover a participación política e constitúen a maneira máis útil e económica de acercar aos veciños e veciñas de Cambados o proxecto que cada candidatura ten para a nosa vila.
 O candidato á alcaldía, Tino Cordal, manifestou que “os cambadeses teñen dereito a acceder ás propostas de todas as opcións políticas para poder elixir libremente, e a mellor maneira é confrontar publicamente os nosos proxectos. Polo que respecta a SOMOS CAMBADOS, acudiremos ao debate independentemente do día, hora e lugar de celebración, e propoñeremos un turno de preguntas para que os  veciños podan plantexar aos candidatos aquelas cuestións que consideren oportunas”.


Por outra banda, SOMOS CAMBADOS quere agradecer ao medio cento de veciños  e veciñas de Castrelo que acudiron na tarde de onte a escoitar as nosas propostas, continuando os nosos actos da campaña electoral cun mitin no Centro de Cultural de Castrelo. Interviñeron o candidato á alcaldía, Tino Cordal, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS, Teresa Bugallo e Antón Cordal.

No mitin, expuxéronse as principais propostas de SOMOS CAMBADOS, incluídas no seu ¨Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados¨, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.
As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender os sectores primarios ocuparon boa parte do acto, xa que Castrelo é unha parroquia que conta con moitos traballadores do Mar e da Terra. Tamén se falou da necesidade de melloras concretas en Castrelo, en cuestións como a auga, o saneamento, o pavimento dalgunhas rúas ou a necesidades de habilitar beirarrúas e beiravías, a conservación do litoral, a mellora dos servizos que presta o Concello na parroquia, e na que os veciños demandan que os servizos que presta o concello no casco urbano sexan os mesmos que se prestan nas parroquias. Aproveitando a celebración do Mitin na parroquia de Castrelo, unha vez rematado o mesmo, o candidato á alcaldía, Tino Cordal, reuniuse con varios colectivos representativos da parroquia para trasladar as nosas propostas e poder escoitar de primeira man as demandas destes colectivos afincados na parroquia de Castrelo.