Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas

7 de diciembre de 2018

O CEIP DE SAN TOMÉ DE CAMBADOS CREARÁ UN CLUBE DE CIENCIA


O CEIP San Tomé de cambados únese a outros centros educativos galegos para compoñer un "Clube de Ciencia" no seu colexio.


Un total de 91 centros educativos públicos (62 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presente curso 2018/19 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- desenvolverase en 44 centros da provincia da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra. 
Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.
Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros e que se ampliou a 29 o pasado curso 2017/18. Agora, ao abeiro da convocatoria deste ano, incorpóranse outros 62 novos centros ao ‘Club de ciencia’, o que fai un total de 91 centros de ensino público.
O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas

O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.
Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2018/19.




7 de noviembre de 2015

SEMANA DA CIENCIA NO I.E.S. ASOREY










Do 9 ao 13 de novembro
Como en anos anteriores o IES Francisco Asorey súmase á celebración mundial deste evento organizando diferentes actividades:
EXPOSICIÓNS:
-O solo, unha base sólida para a vida
-A luz nas nosas vidas
-Aparellos ópticos


OBRADOIROS:
-Experiencias e xogos coa luz
Este ano está dedicada a dous temas de grande importancia para a humanidade: a luz e os solos.


2015 Ano Internacional dos Solos
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional dos Solos, co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento agrícola e da produción de alimentos e son a base que sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.
Obxectivos:
-Conseguir unha plena concienciación da sociedade civil e dos responsables da toma de decisións sobre a gran importancia do solo para a vida humana.
-Educar ao público sobre o papel crucial que desempeña o solo na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible.
-Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do solo.
-Promover inversións en actividades de manejo sostible da terra para desenvolver e manter solos saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación.
-Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015.
-Promover unha mellora rápida da capacidade para a recopilación de información sobre o solo e a  supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).


“As múltiples funcións dos solos pasan, moitas veces, desapercibidas. Os solos non teñen voz e poucas persoas falan por eles. Son o noso aliado silenzoso  na produción de alimentos”. (José Graziano da Silva, Director Xeral da FAO).
2015 Ano Internacional da Luz
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías basadas na Luz.
O obxectivo é chamar a atención sobre o impacto que ten a luz e as súas diversas formas de aproveitamento, na vida das persoas, no desenvolvemento da sociedade e nos retos aos que se enfronta a Humanidade.
Para o ser humano a vista é un dos sentidos máis importantes e funciona grazas á luz.
A luz contribúe a nosa saúde e o noso benestar, directa e indirectamente.
A luz é fundamental para desenvolver a nosa vida cotiá, para as comunicacións, a medicina, a obtención de enerxía, a agricultura, a cultura… O desenvolvemento de tecnoloxías sostibles relacionadas coa luz melloran a calidade de vida e camiñan cara a un futuro máis sostible.
A luz atópase na orixe da vida, inspirou a beleza, a pintores, poetas, arquitectos… é esencial para a fotografía, o cine, o teatro, a televisión (afecta á resposta emocional da audiencia),.
Se miramos arredor noso podemos comprobar as numerosas aplicacións da luz que revolucionaron a sociedade a través da ciencia, a enxeñería, a arquitectura, a medicina, as comunicacións, a cultura o arte e o ocio. As tecnoloxías basadas na luz tamén achegan novas solucións aos problemas mundiais en campos como a enerxía, a educación, a agricultura, o medioambiente ou a sanidade. As industrias relacionadas coa luz son hoxe punteiras e representan un importante sector da economía mundial.
A elección do ano 2015 ven motivada por coincidir varios aniversarios de eventos científicos importantes relacionados coa luz:
-1015: Alhazén publica sete volumes sobre as súas investigacións no campo da óptica.
-1815: Fresnel publica a súa teoría ondulatoria sobre a luz.
-1865: Maxwell: teoría electromagnética.
-1905: Albert Einstein explica o efecto fotoeléctrico.
-1915: Albert Einstein formula a Teoría da Relatividade (Premio Nobel de Física en 1921)
-1965: Arno A. Penzias e Robert W. Willson explican a radición de fondo de microondas (confirmación da teoría do Big Bang) (Premio Nobel de Física en 1978)
-Charles Kuen Kao: fundamento da febra óptica (Premio Nobel de Física en 2009)




15 de octubre de 2015

STEPHEN HAWKING EN CAMBADOS






O famoso físico Stephen Hawking visitou onte a nosa vila, onde fixo unha parada no Parador. 
Foto:Alberto Serantes
A presenza do científico causou unha gran expectación. O parador de Cambados foi un fervedoiro de curiosos. Só o persoal logrou fotografarse con el.

Hawking tamén quixo coñecer os xardíns do Pazo de Rubiáns, demostrando así a súa afección pola botánica. Tamén coñeceron a plantación de albariño do pazo.

A visita de onte é a segunda que realiza a terras galegas. 

O científico británico fai escala a bordo dun cruceiro por segunda vez en Vigo -estivo na cidade olívica en 2014- e visita a ría de Arousa para coñecer a súa gran riqueza botánica. Non é a primeira vez que visita Galicia, en 2008 aterrou en Santiago de Compostela para recoller o Premio Fonseca e realizar un tramo do Camiño de Santiago

O malo desta visita é o rédito que unha publicación da dereita quere sacar dela. No canto de dar prestixio ao noso pobo coa presenxa de Stephen Hawking tratan de desprestixiar ao goberno local. 
Haberá que explicar a esta xente a diferencia entre visita privada e visita institucional?.
Parece mentira que entre os administradores que tanto saben non saiban desto.

E que sepan que relacionaban a visita do científico coas drogas en certa rede social. Certos sanbenitos non se poderán quitar do colectivo.

































27 de enero de 2015

OS ALUMNOS DO ASOREY NON PARAN




O vindeiro mércores, 4 de febreiro alumnos do I.E.S. Asorey terán outra actividade extra escolar.
Participación no VII Concurso Galégo de Robótica organizado pola Fundación Barrié e visita ao MACUF.
Na actividade participarán: 
Sección Bilingüe de 3º ESO A/B (20 alumnos)
Alumnos de TIC de 1º BAC A/B (18 alumnos)
Alumnos de TECN.IND.II de 2º BAC-A (10 alumnos)

Igaciencia organiza en colaboración coa Fundación Barrié, no marco de educaBarrié, o taller: A maxia da robótica.
O obxectivo desta actividade é achegar a cidadanía á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na sociedade galega. A maxia da robótica é un compendio de actividades (taller - exposición - concurso) encamiñadas a una experiencia de aprendizaxe, deseñada para familiarizar e explorar o campo da robótica.
Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan de aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.





8 de noviembre de 2014

SEMANA DA CIENCIA NO INSTITUTO ASOREY






SEMANA DA CIENCIA 2014

A Asemblea Xeral da ONU acordou declarar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar, unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e respaldada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes.

Esta celebración pretende promover políticas activas a favor do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios basados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira. Pretende ademais loitar de forma eficaz contra a pobreza e a fame e buscar un medio rural basado no respecto polo medio ambiente e a biodiversidade. Tamén busca facer que aumente a visibilidade da agricultura familiar e a agricultura a pequena escala e centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e da pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e un desenvolvemento sostible das zonas rurais.
Unha das metas é conseguir que este tipo de agricultura se reposicione como centro de interese das políticas dos países, promovendo medidas de apoio e colaboración aos pequenos produtores (comercialización, acceso a financiación, formación e tecnoloxía, distribución da terra...)
Considérase AGRICULTURA FAMILIAR as actividades relacionadas coa produción agrícola, forestal, pastoril, acuícola... xestionadas  por unha familia e que dependen fundamentalmente da man de obra familiar. Esta é unha das formas de producir alimentos predominante tanto en paises desenvolvidos como sen desenvolver.

Centrándonos en Galicia, este tipo de actividade segue ocupando a un sector importante da poboación, que produce alimentos de moi alta calidade e que nos últimos tempos atopou moitas dificultades para facer rendible o seu traballo, o que levou ao abandono do rural e de moitas explotacións.
Como en anos anteriores o noso centro súmase a este evento realizando unha serie de actividades conmemorativas na SEMANA DA CIENCIA que se celebrará entre os días 10 e 14 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.    

ACTIVIDADES:

OBRADOIROS:
Aproveitamentos vexetais
Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais)
12 e 13 de novembro
(Alumnado 1º E 2º ESO)

CHARCAS CON VIDA, en colaboración con ADEGA
Construción da charca do patio do IES Asorey
(alumnado 3º ESO)


CONFERENCIA:
A conservación do medio natural, tarefa común. O MEDIO NATURAL RURAL E URBANO
Juan José Casares Long, catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC
Anxo Rodríguez López, investigador en formación no departamento de Enxeñaría Química da USC
(4º ESO e 1º Bacharelato)

EXPOSICIÓN
A agricultura. Cultivos en Galicia e no mundo.
Elaborada por profesorado e alumnado do centro
Do 10 ao 21 de novembro.