Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de diciembre de 2021

UNHA NOVA ESTAFA CHEGA A CAMBADOS


Unha nova estafa de SMS comeza a chegar aos móbiles en Galicia  e a Cambados, onde nos consta a chegada de sms fraudulentos.

Advirte de que non se puido entregar un paquete para tentar dirixilo a un sitio web malicioso

Un novo intento de estafa comeza a chegar aos móbiles galegos. Nos últimos días, varios usuarios comunicaron a distintos medios, Cores de Cambados entre eles, unha serie de mensaxes SMS que foron recibindo, nas que se lles informa dun paquete inexistente que non se puido entregar, pedíndolles que introduzan unha ligazón maliciosa. Os SMS veñen de números de teléfono comúns.

As mensaxes din algo así:"Hola, no * hemos podido entregar su paquete, por favor confirme para que se vuelva a @ entregar", e despois engade unha ligazón que a maioría dos navegadores filtran como un sitio web con contido malicioso. Ao parecer, os estafadores están a aproveitar a gran cantidade de compras en liña que se fixeron nas últimas semanas para tentar facer estafas.

Este non é o único intento de estafa ou fraude que se produciu recentemente en Galicia, xa que hai unhas semanas o Sergas alertaba de intentos de hackeo nas citas de terceira dose.

No primeiro enlace de abaixo tedes unha canle no que podes ver varios vídeos explicativos sobre este tipo de estafas.

É unha canle oficial de Incibe.

Déixovos a web de Incibe para que o comprobedes.

https://www.incibe.es/que-es-incibe

https://www.youtube.com/watch?v=G3cZgxIxiw8



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.