A sexta onda segue incrementando o seu impacto na zona de Pontevedra e O Salnés.
Os indicadores de incidencia do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguen a dar conta dunha situación complicada. Se o martes rexistráronse 527 casos activos, este mércores xa son 592, 65 máis.
Así o demostran os datos facilitados polas autoridades sanitarias, que tamén indican un lixeiro descenso dos positivos detectados nas últimas 24 horas: son 74, fronte aos 78 do día anterior.
En canto aos pacientes hospitalizados, son un total de 20, 2 máis. Deles, 3 están na UCI do CHUP, 1 máis, mentres que o resto están en planta: 15 no CHUP, 1 máis, e 2 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio da pandemia, 21.429 persoas superaron a enfermidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En canto ás vítimas, perderon a vida 206. A última vítima é un home de 92 anos cuxa morte se informou este domingo tras dous meses sen falecementos por coronavirus na área sanitaria.
Número de novos casos diagnosticados nos concellos do Salnés a 14 días:
Cambados 14Illa de Arousa 11
Meaño -10
Meis -10
O Grove 47
Ribadumia 17
Sanxenxo 12
Vilagarcía de Arousa 77
Vilanova de Arousa 25
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.