A área sanitaria roza xa 300 casos activos con infeccións desencadeadas
En 24 horas confirmáronse 44 novos positivos en Pontevedra e O Salnés e máis de 500 en toda Galicia
Un día máis os indicadores da pandemia son negativos. Agora, na "sexta onda", continúan aumentando os casos activos na área sanitaria. Xa son 298, 28 máis que onte, segundo os datos do Sergas publicados este xoves e actualizados ata as 18.00 horas do mércores.
Nun día confirmáronse 44 positivos en covid-19 mediante probas de detección. E tamén é preocupante o aumento do número de ingresados: xa son nove os pacientes ingresados. Oito deles evolucionan na planta (sete no CHUP e un no Hospital do Salnés) e outro paciente está na UCI de Montecelo.
Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días nos concellos do Salnés.
Cambados -10
Illa de Arousa 11
Meaño -10
Meis -10
O Grove 38
Ribadumia 11
Sanxenxo 12
Vilagarcía de Arousa 28
Vilanova de Arousa 14
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.