Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de septiembre de 2021

UN ZOMBI POLITICO ANDA SOLTO POR CAMBADOS

 


UN ZOMBI  POLITICO ANDA SOLTO POR CAMBADOS. (A miña “sentida” homenaxe á marcha de Luisiño).  

Si hai algo que é común  a toda a  raza humana dende que o home é home iso é, sen lugar a dúbidas, o medo ao descoñecido e ao sobrenatural; da o mesmo que sexas un habitante da cidade de  Boston en USA, un aborixe dunha illa perdida da Polinesia en  Oceanía ou, sen ir mais lonxe,  un paisano de calquera  aldea de Galiza, porque, a cultura popular, o arte a literatura e, mais recentemente, o cine e a televisión  levan explotado ata o infinito un amplío abanico de fenómenos estraños e unha extensa  galería   de monstros de todo tipo  como, por exemplo,  vampiros, pantasmas,  mortos viventes ou  homes do saco e, de feito, en Galiza atopámonos con   algo moi propio e moi  noso,   digno de ser investigado por Mulder e Scully, os axentes do FBI  da popular serie televisiva dos 90 “Expediente X” como é a  Santa Compaña e, incluso, a nosa terra ten a “honra” de ter xulgado e condeado, ao primeiro  caso   rexistrado no mundo  de licantropía clínica, o suposto lobishome (e asesiño en serie)  Manuel Blanco Romasanta ala polo ano 1853.      

Pero o que, quizais, non sabedes queridos amigos é que, en política, tamén existen os monstros, en concreto os zombis e de seguro que estádevos   preguntar como é iso e, por tanto, isto merece unha explicación pola miña parte. 

Un zombi  político refírese a aquel político sen alma nin futuro que ten data de caducidade, ao igual que os zombis das películas de terror aínda que, no seu caso non será a luz solar ou un tiro certeiro do heroe quen o “liquide”  senón as próximas eleccións (municipais, autonómicas, europeas ou xerais)   porque sabe que está condenado e  que  xa non contaran mais  con el;  mentres tanto, vaga como unha alma en pena, facendo aparicións que, en moitas ocasións,  mais que pánico e terror o que producen  é risa. 

No noso amado Cambados o último caso de zombi político ten nome e apelidos e non é outro que o ex alcalde e, todavia,   xefe da oposición: Luís Aragunde Aragunde.   

O motivo que me levou a esta sinxela conclusión hai que buscalo nun  detalle, moi elocuente,  que se produciu, fai pouco mais dunha semana,  cando o PP da provincia de Pontevedra encabezado por Alfonso Rueda fixo público o seu comité executivo provincial;  pois ben, entre tódolos  nomes e cargos, non aparece, por ningún lado,  Luís Aragunde e, sen embargo, o que  si aparece é   o nome da súa número 2 no PP cambadés:  Sabela Fole Trigo no que semella  unha clara manobra de potenciar a súa imaxe   de cara ás eleccións municipais do ano 2023.     

Pero ata que chegue tan sinalada data o noso particular  zombi cambades, Luisiño,  segue a facer aparicións para nada terroríficas senón mais ben cómicas  e que amosan, ata que punto, a palabra “patético”no seu caso adquire un especial significado. Sen ir mais lonxe, fai pouco mais de 10 meses,  nun pleno municipal, Aragunde sacou a lingua a pastar  e fixo unha declaración  que, o tempo, ese xuíz implacable demostrou que  era unha soberana parida; fagamos memoria: nese pleno, Aragunde, afirmou que asfaltar o camiño de terra de Tragove que da  servizo a varias depuradoras de mariscos, algunhas das mais importantes de Cambados foi  “tirar os cartos” porque en breve habería que picar de novo para realizar  obras de saneamento; pois ben, a dia de hoxe, cando xa pasou un  inverno  i, en breve, comezará outro  non hai visos de que se vaian a iniciar  as obras, é  dicir, que si no concello cambadés  fixesen  caso, no seu dia,  a esta “particular” pitonisa, os traballadores, clientes e veciños  de ditas depuradoras seguirían, como mínimo, dous anos mais cun   camiño cheo de buracos  e  lameiras.    

Pero nesta, mais que probable, despedida da política activa de Luís Aragunde non quero ser moi duro e, tamén, quero aproveitar para aclarar algo que, en mais dunha ocasión téñenme preguntado  como si era si eu  tiña (ou  teño)  algo particular contra Luís Aragunde, pois ben,  a resposta soamente  pode ser un rotundo e claro  NON e, de feito,   podo dicirvos  mais: no verán do ano 2009 cando Aragunde levaba uns meses de alcalde tras relevar a Cores Tourís no cargo  este que vos fala felicitoulle en persoa; os que non me coñecedes en persoa podedes pensar, erróneamente, que pola miña ideoloxía non podo ver a ninguén do PP  pero, nada mais lonxe da realidade: teño moi  bos amigos de dereitas e, do mesmo xeito hai algúns personaxes de esquerdas   que me parecen uns verdadeiros fillos de puta aínda que as súas nais sexan unhas señoras que teñen todo o meu respecto.      


Cando eu criticaba  e atacaba  a Luís Aragunde, criticaba única i exclusivamente a súa faceta como político e ditas críticas iniciáronse nunha data moi concreta: xuño do ano 2012; nesas datas amosoume o miserable e cínico   que podía chegar a ser, primeiro por intentar, co rexeitamento de boa parte do pobo de Cambados, de intentar levantar unha estatua a un  ministro franquista e, posteriormente, cando veu toda a polémica que xerou, intentar facer pasar por parvos aos cambadeses afirmando que o concello non tiña nada que ver e que a autoría da estatua proviña dun suposto sector do viño cando o propio autor da estatua, Lucas Míguez, confesaralle ao, entón, xefe da oposición que era o concello quen estaba detrás de tan polémica obra. Ese feito, como sinalei anteriormente, foi o que me abriu os ollos e amosoume que tipo de político era Aragunde e, repito unha vez mais, ás miñas criticas centrábanse única i exclusivamente en dita faceta política; de feito podo contarvos máis: como moitos sabedes  en agosto do ano 2018 Luis Aragunde sufriu o que parecía ser un amago de infarto e a min non me caeron os aneis en desexarlle, a través das redes sociais unha  pronta recuperación. 

Estaremos pendentes de futuros acontecementos para ver si, como parece ser, Sabela Fole Trigo colle o relevo de Luis Aragunde pero, polo pronto, eu daríalle un sincero consello á guapa avogada cambadesa por si chegara a alcaldesa: para ser un boa e honesta  política soamente tes que fixarte en Luis Aragunde e facer, exactamente, o contrario do que fixo el, seguro que che  irá mellor.        


Un saúdo a todas e a todos     

RICARDO DOMINGUEZ REY   







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.