Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2021

ESTRANO ACCIDENTE NA VÍA RÁPIDA DO SALNÉS


Esta madrugada producíase un accidente de tráfico na VG-4.3. Ás 06:11 eran avisado o Servizo de Emerxencias do concello de Cambados polo 112 de que un vehículo estaba envorcado no termo municipal de Cambados. Compróbase que o termo municipal no que se produce o suceso é Vilagarcía. Os membros de Emerxencias de Cambados atenden á condutora A.V.O. de 21 anos, que rexeita asistencia sanitaria.
Descoñécense as causas do accidente no que a conductora salvou milagrosamente a vida.

A estrada estivo cortada desde a hora do sinistro ata as 07:40 en sentido Vilagarcía. Os efectivos de Emerxencias de Cambados colaboraron na limpeza de calzada. Medios intervenintes: Bombeiros do Salnés,
Emerxencias Cambados, Policia Local de Vilagarcía, Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Trafico, Atestados, Ambulancia do 061 de Cambados e a Ambulancia Medicalizada, Protección Civil de Vilagarcia e Mantemento de Estradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.