Un veciño aproveitou o confinamento pola pandemia para cortar un camiño que era de uso público e mesmo colocou dos grosos piares, ao parecer invadindoa terreo do veciño, para marcar o acceso á súa leira.
É o primeiro que contan ao chegar á zona un grupo de veciños prexudicados por esta acción de alguén que nos últimos anos, segundo din, xa fixo máis modificacións no terreo sempre en beneficio del.
O peche do camiño prexudica máis de corenta propietarios e moitos deles só poden chegar á leira se o do lado o deixa pasar.
Os prexudicados xuntaron a documentación antiga e escrituras para que o Concello de Cambados inicie un expediente de reposicion da legalidade urbanística.
O seu obxectivo é recuperar o camiño de titularidade pública agora interrompido e incluílo no inventario de camiños municipais.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.