Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2021

CAMBADOS: CONCURSO DE DISFRACES ON-LINE ENTROIDO 2021

                        

A pandemia obriga este ano a reinventarse e ese é o plan do  Concello de Cambados para estas festas de Entroido que se achegan. Nesta ocasión, o concurso de disfraces realizarase de maneira en liña a través das redes sociais e utilizando o cancelo #EntroidoCambados, coa foto da persoa disfrazada e coa súa máscara protectora posta.

As fotos deben enviarse entre o día 12 e o 17 de febreiro co título de disfrace e categoría na que se inscriben. O Concello estableceu unha categoría infantil, ata os 12 anos inclusive; outra de adulto, para maiores de 12 anos; unha modalidade de parellas de calquera idade sempre que sexan conviventes e outra de grupos formados por tres ou catro persoas de calquera idade sempre que convivan xuntas.

O xurado estará composto por oito persoas que participan no taller de emprego xuvenil de dinamización de actividades de lecer e tempo libre no Concello de Cambados. A súa votación será atendendo a criterios de creatividade, caracterización e orixinalidade. A avaliación será a partir de que se peche a convocatoria o 17 de febreiro ás 14.00 horas.

Os premios serán únicos por categoría e consistirán nun vale por importe de cincuenta euros para realizar compras en Zona Centro. Ademais, a organización establece nas bases que se  prohibe participar con animais.

BASES CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2021

PRIMEIRA: poderán participar todas as persoas que o desexen.

As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que ostentará a súa representación para todos os efectos que se deriven deste concurso. As asociación serán respresentadas polo/a presidente/a.

SEGUNDA: establécense as seguintes categorías:

  • Infantil: ata os 12 anos inclusive.
  • Adulto: maiores de 12 anos.
  • Parellas: de calquera idade conviventes.
  • Grupos: de 3 a 4 persoas  de calquera idade conviventes.

TERCEIRA: para poder participar debido a situación actual COVID-19,  farase a través das redes sociais co cancelo #EntriodoCambados, subindo a tua foto disfrazado coa mascarilla posta.

As fotos teñen que ser enviadas entre o dia 12 e o  17 de febreiro co título do disfrace e categoría na que se inscriben.

CUARTA: o xurado composto por 8 alumnos/ as do obradorio de emprego xuvenil de dinamización de actividades de ocio e tempo libre do concello de Cambados, valorará os disfraces conforme á CREATIVIDADE, CARACTERIZACIÓN E ORIXINALIDADE. Esta valoración realizarase unha vez pechada a convocatoria o 17 de febreiro as 14:00 horas.  A súa decisión será inapelable.

QUINTA: PREMIOS

  • Un premio por cada categoría dun importe de 50€ en vales de compra ZONA CENTRO.

SEXTA: prohíbese a participación con animais

SÉTIMA: a relación de premios farase pública na web do Concello de Cambados o 18 de febreiro as 12:00 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.