Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2021

ARDE UN BARCO EN TRAGOVE



Un buque situado no estaleiro do porto comezou a arder por causas descoñecidas, o que provocou a alarma no peirao de Tragove, en Cambados. Ata o punto, desprazáronse Bombeiros do Salnés, Garda Civil e Policía e Emerxencias de Cambados que co seu traballo evitaron que o lume se estendese e afectase a todo o buque. Non houbo danos persoais que lamentar.

O servizo de emerxencias do concello de Cambados vén de actuar no incendio na bodega dun barco que estaba sendo desguazado.

Tamén colaboraron a Policía Local de Cambados, a Garda Civil de Cambados e os Bombeiros do Salnés.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.