
O número de desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) caeu en 3.603 persoas en xaneiro en Galicia, un 1,9%, fronte ao aumento do 1,8% no conxunto do Estado, segundo os datos publicados este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Deste xeito, o número total de desempregados na comunidade galega sitúase en 185.984, o que supón 18.229 máis que a principios do ano pasado, o que supón un incremento interanual do 10,87%.
No conxunto do Estado, o paro aumentou en 76.216 persoas en xaneiro (+ 1,8%), o seu menor aumento neste mes desde 2018, cando aumentou en 63.747 persoas.
O total de parados no Salnés baixou en xeral en 182 persoas destacando a baixada de 155 parados en Vilagarcía. O paro baixou en 5 dos nove concellos e subeu pouco nos outros catro.
A ILLA DE AROUSA +8
CAMBADOS +14
MEAÑO +12
MEIS +7
O GROVE −31
RIBADUMIA −21
SANXENXO −2
VILAGARCÍA DE AROUSA −155
VILANOVA DE AROUSA −14
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.