A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e PontevedraSegundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste tarde dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará aos litorais da provincia da Coruña e de Pontevedra por mar combinada con ondas entre 5-7 metros e vento de suroeste que poderá chegar a forza 8, principalmente mar adentro en Fisterra e Bares.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.