Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de enero de 2021

DOUS XÓVENES FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Por mor dunha colisión entre dous vehículos producida na noite deste domingo en Cambados, dous mozos tiveron que ser trasladados ao Hospital do Salnés.

Segundo informou a esta emisora o servizo de emerxencias 112-Galicia, o choque produciuse ao redor das 21.30 horas deste domingo na avenida de Vilagarcía, a PO-549, en Corbillón. Como consecuencia do accidente, o condutor do
BMW sinistrado, un mozo de 19 anos, queixouse de dor cervical. Igualmente, o seu acompañante, unha rapaza de 15 anos, reflectía dor cervical ademais de nun nocello, tal e como informou o servizo Emerxencias do Concello de Cambados. Ambos foron evacuados ao hospital por Urxencias Médicas 061. Pola súa banda, o condutor do Renault Megane accidentado afectouse dun ombreiro pero rexeitou asistencia sanitaria. Ademais dos danos materiais nos vehículos, un dos coches chocou contra un farol que deberá ser reparada ou substituida. A Garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias do caso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.