Nas últimas 24 horas producíronse 64 contaxios novos, 1 falecemento e 51 altas, o que fai que suban en 12 persoas os casos activos, pasando dos 839 de onte a 851 hoxe. A área sanitaria pontevedresa segue mellorando aos poucos os seus datos de incidencia, aínda que hoxe aumenta tanto en Pontevedra como nos seus concellos máis próximos. O Grove e Sanxenxo seguen sendo os municipios que máis incidencia teñen entre os que están confinados.
Cambados aumenta 1 un caso é chega a os 36 activos.
O número de pacientes hospitalizados baixa de 52 a 48 persoas, distribuídos en 39 pacientes no CHU de Pontevedra (30 en planta e 9 na UCI), 6 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 5.972 casos de coronavirus, con 69 falecementos, 5.052 altas e 851 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.