Logo de ter coñecido os datos de casos positivos de Covid hoxe no noso municipio, 43 (nove máis que onte), o concelleiro de Sanidade, Tino Cordal, cre que é preciso facer un chamamento á máxima responsabilidade e precaución por parte da cidadanía, que debe evitar saídas, reunións e contactos non necesarios.
Como concelleiro de Seguridade Cidadá, púxose en contacto co Xefe da Policía Local para reforzar a súa presenza na rúa. O Concello ponse a disposición da Garda Civil para facer os controis que eles consideren oportunos.
En calidade de concelleiro de Cultura anuncia a cancelación de todas as actividades a partires de mañá luns, incluíndo ensaios de asociacións culturais (grupos folclóricos, bandas de música etc), durante, en principio, dúas semanas.
Finalmente, Tino Cordal manifesta que é partidario dun confinamento xeral da poboación, non só en Cambados, senón en toda Galicia, durante, inicialmente, quince días. Porque "entendo que é a única maneira de deter o alarmante avance da pandemia".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.