Coronavirus Pontevedra: 65 contaxios novos e soben a 1.254 os casos activosSoutomaior deixa de estar en alerta vermella, pero empeora a situación hospitalaria. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa empeorando lixeiramente, e hoxe aumenta en 22 persoas o seu número de casos activos, marcando outro máximo desde o inicio da pandemia. A única boa noticia de hoxe é que Soutomaior baixa ao estado de alerta laranxa, mentres a situación hospitalaria continúa empeorando. Nas últimas 24 horas producíronse 65 contaxios novos, 2 falecementos (un home de 76 anos e unha muller de 88 que faleceron no (CHOP) Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra) e 41 altas, o que fai que suban en 22 persoas os casos activos, pasando dos 1.232 de onte a 1.254 hoxe. Hai algúns cambios nos niveis de alerta por municipio. Soutomaior baixa a alerta laranxa, Cuntis baixa a alerta amarela, A Lama sobe a alerta amarela e Vilanova de Arousa (23) deixa de estar en alerta. Alerta nivel 3 (vermella): Cambados(61) , Marín, O Grove (63), Poio, Pontevedra, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa (89). Alerta nivel 2 (laranxa): Bueu, Caldas de Reis e Ponte Caldelas. Alerta nivel 1 (amarela): A Lama, Cuntis, Forcarei, Meis e Vilaboa. Os datos son os de onte.
O número de pacientes hospitalizados sobe de 75 a 78 persoas, distribuídos en 58 pacientes no CHU de Pontevedra (53 en planta e 5 na UCI), 19 no Hospital Público do Salnés e 1 no Quirónsalud de Pontevedra.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 4.065 casos de coronavirus, con 38 falecementos, 2.838 altas e 1.254 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.