Coronavirus Pontevedra: Soutomaior en alerta vermella, 64 contaxios e soben a 1.263 os activosA área sanitaria pontevedresa mantén oito municipios en alerta vermella. Volve empeorar a área sanitaria de Pontevedra, aínda que a menor ritmo que os últimos días. Nas últimas 24 horas rexistráronse 64 novos contaxios, que son máis que os 55 da semana pasada, e proceden dun número de probas PCR similar. Hoxe son o 7,98% de positivos de 802 probas, mentres que a semana pasada foi o 6,42% de positivos de 856 probas. Hoxe Soutomaior volve ao estado de alerta vermella. Nas últimas 24 horas producíronse 64 contaxios novos, 1 falecemento (unha redidente da Residencia DomusVi de Ribadumia) e 47 altas, o que fai que baixen en 7 persoas os casos activos, pasando dos 1.247 de onte a 1.263 hoxe. O único cambio no nivel de alerta da área sanitaria, á parte da subida de Soutomaior a alerta vermella, é que A Lama pasa a alerta amarela. Alerta nivel 3 (vermella): Marín, O Grove, Poio, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Sanxenxo, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa. Alerta nivel 2 (laranxa): Bueu, Cambados (61 casos por terceira xornada consecutiva) e Caldas de Reis. Alerta nivel 1 (amarela): A Lama, Cuntis, Meis, Ponte Caldelas e Vilaboa. O número de pacientes hospitalizados sobe de 80 a 86 persoas, distribuídos en 65 pacientes no CHU de Pontevedra (60 en planta e 5 na UCI), 20 no Hospital Público do Salnés e 1 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 4.239 casos de coronavirus, con 40 falecementos, 2.936 altas e 1.263 casos activos nestes momentos.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

11 de noviembre de 2020
CONTINÚA O EMPEORAMENTO DA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS
Coronavirus Pontevedra: Soutomaior en alerta vermella, 64 contaxios e soben a 1.263 os activosA área sanitaria pontevedresa mantén oito municipios en alerta vermella. Volve empeorar a área sanitaria de Pontevedra, aínda que a menor ritmo que os últimos días. Nas últimas 24 horas rexistráronse 64 novos contaxios, que son máis que os 55 da semana pasada, e proceden dun número de probas PCR similar. Hoxe son o 7,98% de positivos de 802 probas, mentres que a semana pasada foi o 6,42% de positivos de 856 probas. Hoxe Soutomaior volve ao estado de alerta vermella. Nas últimas 24 horas producíronse 64 contaxios novos, 1 falecemento (unha redidente da Residencia DomusVi de Ribadumia) e 47 altas, o que fai que baixen en 7 persoas os casos activos, pasando dos 1.247 de onte a 1.263 hoxe. O único cambio no nivel de alerta da área sanitaria, á parte da subida de Soutomaior a alerta vermella, é que A Lama pasa a alerta amarela. Alerta nivel 3 (vermella): Marín, O Grove, Poio, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Sanxenxo, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa. Alerta nivel 2 (laranxa): Bueu, Cambados (61 casos por terceira xornada consecutiva) e Caldas de Reis. Alerta nivel 1 (amarela): A Lama, Cuntis, Meis, Ponte Caldelas e Vilaboa. O número de pacientes hospitalizados sobe de 80 a 86 persoas, distribuídos en 65 pacientes no CHU de Pontevedra (60 en planta e 5 na UCI), 20 no Hospital Público do Salnés e 1 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 4.239 casos de coronavirus, con 40 falecementos, 2.936 altas e 1.263 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.