Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2020

VOLVE A SUBIR O NÚMERO DE ENFERMOS EN PONTEVEDRA-SALNÉS


A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rompe a tendencia á baixa que se viña rexistrando nos tres últimos días.

Hoxe os contaxios volveron subir e rozan xa os 800 casos activos por covid.

Segundo os datos actualizados polo Sergas, este xoves 1 de outubro contabilízanse 14 novos positivos e prescribíronse 4 altas epidemiolóxicas, e un falecemento de xeito que os casos activos chegan xa a 795.

Deles, cinco permanecen na UCI e outros 15 están ingresados en planta: 13 repartidos entre Montecelo e Provincial, un no Hospital de O Salnés, e outro no  Quirón Salud Miguel Domínguez.

A gran maioría dos contaxiados, (775) encóntranse illados nos seus domicilios baixo seguimento médico.

Dende o inicio do plan de continxencia curáronse na área sanitaria 1.357 pacientes e faleceron 20 persoas, a última a pasada tarde, unha muller de 89 anos que estaba ingresada en Montecelo con patoloxías previas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.