A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sumou 38 novos contaxios por covid-19 nas últimas 24 horas. A incidencia da pandemia volve crecer de forma notable e os casos activos por coronavirus son xa 475, dezaoito máis que onte, grazas as 20 altas dadas segundo informa o Servizo Galego de Saúde.
Son 22 positivos que reciben asistencia sanitaria, un máis que onte, nalgún dos centros hospitalarios da área. Catro deles están están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Os outros dezaoito están a ser atendidos en planta, repartidos da seguinte maneira, trece en Montecelo, catro no Hospital do Salnés e un no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos pacientes que contraeron o virus, un total de 453 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo seguimento médico.
Desde o inicio da pandemia 2.150 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, e rexistráronse 25 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 54.616, 537 nas últimas horas. Desde onte, detectáronse 38 novos positivos por PCR. A estas probas súmanse as 36.264 serologías realizadas ata a data.
Vilagarcía te nestes momentos 45 enfermos, en Vilanova hai 25 e Cambados baixa un, ata os 19 contaxiados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.