A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén este mércores a mesma cantidade de casos activos de covid-19 que onte, un total de 469. Este é o resultado de que curáronse 19 enfermos e un faleceu e de que detectáronse 20 novos contaxios.
O último balance do Servizo Galego de Saúde, reflicte que os 20 novos positivos diagnosticáronse nunha xornada con cambios na presión asistencial, pois hai dous hospitalizados máis que o martes.
Hai 17 pacientes ingresados na área sanitaria, un máis que o día anterior. Son tres pacientes na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un menos que o martes, pero 14 ingresados en planta, dúas máis que o martes. En canto aos pacientes ingresados en planta de hospitalización, 12 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.
Ademáis, permanecen 452 casos con coronavirus evolucionando nos seus domicilios.
Desde o inicio da pandemia da covid-19 curáronse 1.973 pacientes, 19 na última xornada, e faleceron 25 pacientes, o último un home de 62 anos contabilizado onte
Nesta xornada volveron a facerse menos probas PCR’ s, 374, que se engaden ás 52.033 xa efectuadas desde o inicio da pandemia. Son 68 máis que na xornada anterior, pero unha cifra moi inferior ás realizadas nas últimas semanas.
PONTEVEDRA, POIO E VILAGARCÍA, EN NIVEL 2
Pontevedra, con entre 48 e 96 casos; e Poio e Vilagarcía, con entre 14 e 21. Cae da listaxe Marín e entra Poio.
Marín pasa ao nivel 1, con entre 7 e 14 casos no últimos sete días. Ademais, están en nivel de alerta 1 Sanxenxo, Caldas de Reis, Cambados e Vilanova de Arousa.
DATOS LOCAIS (*)
- Pontevedra ten este mércores 146 casos positivos, 32 menos que o martes.
- Cambados mantense en 22 casos igual que no día de onte.
- Poio ten este martes 23 casos activos, catro menos que o martes.
- Marin ten 37 casos activos, cinco menos que o martes, un positivo máis e 6 altas médicas. Hai 73 contactos en seguimento.
- Sanxenxo ten este mércores 16 casos activos, catro máis que o martes .
- Vilanova de Arousa sobe de 19 a 20 casos
- Vilagarcía: 38 persoas contaxiadas por covid-19. A cifra total reduciuse con respecto ao día anterior dos 43 a 38, ao rexistrase un só novo contaxio fronte ás 6 novas altas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.