Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de octubre de 2020

CAMBADOS E SANXENXO SUBEN, VILANOVA MANTENSE E BAIXAN EN PONTEVEDRA OS PACIENTES COVID


Hoxe 5 de outubro, a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén a 15 pacientes covid ingresados na sala de hospitalización. En concreto, hai 13 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 1 no Hospital do Salnés.

Na unidade de Coidados Críticos do hospital Montecelo hai todavía 7 pacientes covid.

Polo tanto, 663 casos de COVID seguen evolucionando na casa do total de 685 casos activos nesta área sanitaria, o que significa 4 menos que onte domingo.

Dende o inicio do plan de continxencia COVID-19 curáronse 1.545 pacientes (24 máis que o domingo) e 21 pacientes morreron por este virus na área sanitaria.

En canto a contaxiados a nivel local hai que decir que aumentan en Cambados 24 (2 máis) e Sanxenxo 27 (+1), en Vilanova mantense en 23 e 1 menos en Pontevedra, 298.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.