Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2020

PONTEVEDRA-SALNÉS SIGUE A SUA ESCALADA. MALESTAR NOS CONCELLOS DA ÁREA

Sigue a crecer a cifra de contaxios pola COVID-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Hoxe contabilízanse 28 ( menos 5 altas, 23 casos acumulados) novos contaxios máis respecto a onte e situaron en 402 o número de casos activos por coronavirus, segundo o balance do Servizo Galego de Saúde.
Hai dez pacientes hospitalizados con COVID-19, os mesmos que hai desde o pasado luns. Oito están a ser atendidos en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e dous máis están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Os outros 392 casos activos reciben tratamento e son seguidos nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio da pandemia curáronse 1.070 pacientes nesta área, cinco deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes.
Varios alcaldes e alcaldesas da área mostraron a sua disconformidade coa política informativa da Xerencia de Pontevedra-Salnés. Critican que non informen dos enfermos da COVID-19 en cada municipio para poder tomar medidas para evitar o aumento dos casos.
No caso de Pontevedra, con máis restricións polo coronavirus, o alcalde Lores laiase de que non foran informados ata minutos antes de aprobar estas medidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.