Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de septiembre de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS ACTIVA O PROTOCOLO DE PREVENCIÓN ANTE POSITIVO EN COVID-19 DUN TRABALLADOR

O Concello activou o protocolo de prevención de COVID-19 coa empresa de prevención de riscos laborais ante o positivo dun traballador municipal. O traballador deu positivo tras manter contacto cunha persoa enferma allea ao concello, motivo polo que o goberno local ofreceulles aos traballadores municipais que tiveron contacto directo con ese empregado a posibilidades de facer probas diagnósticas con cargo ao Concello, ademais de desinfectar as oficinas municipais.
Segundo informou o traballador municipal atópase actualmente illado no seu domicilio, seguindo as recomendacións de Sanidade, xa que se contaxiou despois de manter contacto cunha persoa que deu positivo que é totalmente allea ao Concello de Cambados
Despois de que esa persoa fora diagnosticada, tras realizarlle unha proba PCR o pasado xoves, o traballador municipal deu positivo e comezou o período de illamento no fogar, con síntomas leves.
Tendo en conta que na casa consistorial de Cambados se respectan as medidas de distanciamento social e as recomendacións para evitar a propagación do coronavirus, dende Sanidade consideraron necesario facer as probas diagnósticas unicamente os traballadores e traballadoras municipais que tiveron contacto directo con el durante este fin de semana, dando o resto de traballadores municipais negativo nos resultados das probas PCR. Non obstante, os traballadores que mantiveron contacto directo co traballador que deu positivo van a teletraballar os vindeiros días.
Dende o goberno local recordan que nestes momentos é preciso manter a calma e extremas as medidas de seguridade e hixiene:
  • Uso obrigatorio da máscara
  • Hixiene continua de mans
  • Manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias
E, recorden, se senten síntomas compatibles coa Covid-19 (febre, tose seca, malestar xeral, dificultade para respirar), non vaian directamente ao centro de saúde, deben chamar ao 900 400 116.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.